A frauta máxica

Papageno
Cando Mozart estreou "A frauta máxica" tiña trinta e cinco anos e só lle quedaban dous meses de vida. O empresario teatral Emanuel Schikaneder pasaba graves apuros económicos e o compositor, gran amigo del desde os anos de mocidade e que estaba tamén na súa mesma situación financeira, resolveu escribirlle para unha obra que podería dar diñeiro. (Wikipedia).
Obertura
No escenario podemos ver unha paisaxe misteriosa: unha zona rochosa con algunhas árbores, e, ao fondo, rodeado de varias montañas, un templo.
Acto I
O príncipe Tamino, foxe por un bosque perseguido por unha serpe. Tras caer esgotado, perde o coñecemento e durante ese instante é salvado por tres fadas ao servizo da Raíña da Noite.
As tres fadas desaparecen da escena para contarlle o sucedido á súa señora. Entón entra Papageno, que é un paxareiro (ás súas costas leva unha gaiola chea deles) que se dedica a vender paxaros e compralos. Este esperta a Tamino. Na súa entrada canta unha aria moi simpática e coñecida: "A aria da entrada de Papageno"
Entón regresan as fadas e pídenlle a Tamino que salve á filla da Raíña da Noite, Pamina, unha moza moi fermosa secuestrada polo malvado e poderoso Sarastro e a ten retida no seu templo. A cambio a Raíña da Noite concederalle a man da súa filla. Para axudarse nas posibles adversidades, esta entrégalle a Tamino unha frauta máxica, e a Papageno, que será o seu acompañante, unhas campaíñas tamén con poderes máxicos. Guiados por tres nenos, comezan o seu camiño cara ao templo polo bosque misterioso.
Tamino, cheo de alegría, fai soar a súa frauta máxica para avisar a Papageno e encantar ás feras do bosque que o ameazan. Pero Papageno, que durante ese tempo chegara ao templo, e xa fora capturado polos servidores de Sarastro.
Cando por fin chega o príncipe, entra no templo e ve a Pamina. Nese momento ambos namóranse a primeira vista, quererendo escapar de alí xuntos.
A todo isto, preséntase o sumo sacerdote da sabedoría Sarastro, e dille que só permitirá deixar ir a Pamina con el se o paxareiro e el superan tres probas.
Acto II
Mentres Sarastro explica que en realidade secuestrou a Pamina para salvala da súa nai, a Raíña da Noite, xa que en realidade é unha muller malvada e ansiosa de poder. Tamino e Papageno comezan as probas, non sen dificultades, xa que a Raíña da Noite envía ás súas tres fadas para truncalas, pero grazas á frauta máxica, conseguen ir superando. A Raíña da Noite decide mentres visitar á súa filla Pamina, ás agachadas, e cando o fai dálle unha daga para que asasine ao seu protector Sarastro. O aria no que lle di como ha de matalo, é probablemente unha da máis famosas da música. Chámase  " A aria da Raíña da Noite"  
Sarastro descobre todo, e ao final o asasinato non se produce, e este perdoa a Pamina.
O príncipe Tamino segue intentando superar as probas, con axuda da frauta máxica. Pero o paxareiro Papageno decide abandonar, xa que se atopa cunha anciá que lle di que se casa con ela sacarao do Templo no que está realizando as probas. Cando este accede, a anciá convértese nunha bela moza, Papagena. Os dous caen namorados e cantan outra das máis famosas arias de Mozart: " A aria de Papageno e Papagena"
Cando as tres probas foron superadas, Tamino e Pamina únense felizmente, e Sarastro concédelles o permiso para casar. A nai dela, a Raíña da Noite, intentará xunto ás súas tres fadas impedir a voda, pero ao final terminarán condenadas e desaparecendo nos escuros e tenebrosos pasadizos do templo.