Liszt

Liszt
Nome. Franz Liszt
Data Nacemento. 22 de outubro de 1811, Raiding (nesa época Hungría e actualmente Austria)
Data Morte. 31 de xullo de 1886, Bayreuth (Alemaña)
Nacionalidade. Austro-húngara
Movemento artísitico. Romanticismo. 
Artista. Compositor e pianista.
Obras. Sonata para piano en si menor. “19 Rapsodias Húngaras” para piano. Sinfonía "Fausto". Sinfonía "Dante". Concerto para piano e orquestra nº 1. Concerto para piano e orquestra nº 2.

Liszt é o creador do poema sinfónico, forma típica do romanticismo, e da moderna técnica de interpretación pianística. Os seus contemporáneos afirmaban que era o pianista tecnicamente máis avanzado da súa época e quizais o máis grande de todos os tempos. 
O seu pai, que era un oficial ao servizo do príncipe Nicolás Esterhazy, introduciuno no ambiente musical desde moi pequeno, outorgándolle clases de piano influenciado por obras de Haydn, Mozart e Beethoven. Con só seis anos, xa podía interpretar este instrumento á perfección.
Aos once anos, o pequeno estudou en Viena, onde coñeceu a Schubert e Beethoven e recibiu clases do pianista austriaco Carl Czerny e do compositor italiano Antonio Salieri.
Aos doce anos, en 1823, trasládase a París e alí viviría os seguintes 12 anos.
Cando tiña 19 anos e xa era aclamado, Liszt quedou impresionado polo gran violinista Paganini, quen conducía á audiencia a un frenesí polo cal sospeitábase que pactara co diaño. O mozo Franz estaba determinado a converterse no Paganini do piano.
Tomou leccións de composición con Ferdinando Paër e Anton Reicha. En 1833 coñeceu á condesa francesa Marie d'Agoult, escritora baixo o pseudónimo de Daniel Stern, con quen estableceu unha relación que durou ata 1844.
A súa filla Cósima casou co pianista e director alemán Hans von Bülow, e máis tarde con Richard Wagner. Entre 1839 e 1847 realizou xiras por Europa e conseguiu unha fama sen precedentes.
En 1847 abandonou a súa carreira como virtuoso e só en contadas ocasións volveu tocar en público. Ese mesmo ano coñeceu á princesa rusa Caroline Sayn-Wittgenstein, que permaneceu ao seu lado ata a súa morte. Desde 1848 a 1861 foi director musical na corte ducal de Weimar, onde interpretou obras compostas por Berlioz, Wagner e outros compositores, así como as súas propias.
En 1861 trasládase a Roma, onde estudou teoloxía e recibiu as ordes menores.
Tocou por última vez nun concerto en Luxemburgo o 19 de xullo de 1886 á idade de 74 anos. Logo disto viaxou a Bayreuth para asistir ao tradicional Festival de música de Wagner. Caeu enfermo de febre, que logo se complicou e converteuse en neumonía. Morreu en Bayreut, Alemaña, o 31 de xullo de 1886.

Outras cousas:

# Deu clases a máis de catrocentos alumnos, compuxo unhas 350 obras e escribiu ou colaborou en oito volumes en prosa.  

# Liszt foi un das testemuñas a favor de Schumann cando este tivo o problema co pai de Clara porque non a quería deixar casar.

# Chopin desexaba poder tocar os seus propios estudos como o facía Liszt. Schumann escribiu que Liszt "atrapaba a cada membro da audiencia coa súa arte e facía con eles o que desexaba". Brahms dixo, "Quen non oíu a Liszt non pode falar da execución do piano".

# Liszt, foi unha persoa que amou axudar a outros músicos, descoñecidos, introducíndoos no ambiente musical ou tocando as súas obras. Entre eles estivo Chopin. Nun concerto, pediu que apagasen os candelabros, dicindo que tocaría ás escuras. Comezou a oirse a música, e cando o auditorio, estaba embelezado escoitando fóronse prendendo os candelabros, e o que apareceu era Chopin tocando as súas obras.

List tocando o piano
# Franz Liszt provocaba un frenesí cando se presentaba ante o público, que moitas damas caían desmaiadas pola emoción.

# A súa posición no piano, era botado cara atrás, pois consideraba que desa forma os brazos e mans estaban libres para "correr" polo teclado. Era moi típica del, esa posición ante o piano. Mesmo isto vese en retratos que lle fixeron.

# Liszt foi o primeiro virtuoso que executou un programa composto exclusivamente de música para piano e o primeiro que se atreveu a tocar todo de memoria, sen partitura algunha. Foi tamén o primeiro pianista que tocou colocándose de perfil ao auditorio. E din que tiña razón para isto... ¡O seu perfil era marabilloso...!

# O gran compositor visitou a península Ibérica entre outubro de 1844 e abril de 1845. Xunto con Chopin foi Liszt o único músico romántico que visitou España. Pero a diferenza do primeiro, que efectuou a súa estancia en Valldemosa (Illas Baleares) en xaneiro de 1838, Liszt viaxou e deu concertos en gran cantidade de cidades españolas ademais de Lisboa entrando ademais en contacto co ambiente musical español daquela época.

# Pero máis aló da súa xenialidade musical, Franz Liszt foi na súa mocidade un raparigo moi aposto e sedutor, responsable de conquistar o corazón de princesas, condesas, bailaoras... Esta calidade do músico foi predecida polo seu pai, quen antes de morrer díxolle ao compositor de dezaseis anos que as mulleres dominarían e trastornarían a súa vida. E non se equivocou.