• Instrumentos
    • Corda
    • Corda xeral
    • Arpa
    • Contrabaixo
    • Guitarra
    • Laúde
    • Organistrum
    • Piano
    • Viola
    • Violín
    • Violonchelo
    • Máis...
    • Vento
    • Vento xeral
    • Acordeón
    • Clarinete
    • Fagot
    • Frauta
    • Gaita
    • Óboe
    • Órgano
    • Saxofón
    • Trombón
    • Trompa
    • Trompeta
    • Tuba
    • Máis...
    • Percusión
    • Percusión xeral
    • Bombo
    • Pandeira
    • Pandeireta
    • Pandeiro
    • Pratos
    • Tambor
    • Tamboril
    • Timbais
    • Xilófono
    • Máis...
  • Compositores
    • Barroco-Clasicismo
    • Vivaldi
    • Händel
    • J. S. Bach
    • Haydn
    • Mozart
    • Beethoven
    • Romanticismo-Nacionalismo
    • Schubert
    • Mendelssohn
    • Schumann
    • Liszt
    • Wagner
    • Verdi
    • Chopin
    • J. Strauss
    • Brahms
    • Tchaikovsky
    • Dvorak
    • Mahler
    • Manuel de Falla
    • Impresionismo-século XX
    • Debussy
    • Ravel
    • Stravinsky
    • Carl Orff
    • Joaquín Rodrigo
  • Actividades
    • Audicións
    • Audicións 01
    • Audicións 01+
    • Audicións 02
    • Audicións 02+
    • Audicións 03
    • Audicións 03+
    • Audicións 04
    • Audicións 05
    • Audicións 06
    • Audicións 07
    • Audicións 08
    • Audicións 09
    • Música clásica
    • Isto sóame
    • Audicións avaliación
    • Forum Gigurrorum
    • Tema 01
    • Tema 02
    • Tema 03
    • Tema 04
    • Tema 05
    • Tema 06
    • Tema 07
    • Tema 08
    • Tema 09
    • Hª música en cómic
    • Idade Media
    • Renacemento
    • Barroco
    • Clasicismo
    • Romanticismo
    • Ópera
    • Nacionalismo
    • Postromanticismo
    • Impresionismo
    • Século XX (1)
    • Século XX (2)
  • Música galega
    • Instrumentos
    • Organistrum
    • Laúde
    • Tamboril
    • Gaita
    • Pandeireta
    • Pandeira
    • Pandeiro
    • Música tradicional
    • Música tradicional (1)
    • ...
    • ...
    • Grandes intérpretes
    • ...
    • ...
    • ...
    • ...
  • Ludoteca
    • Lecturas
    • O nome das notas
    • Martín Codax
    • Os Stradivarius
    • Farinelli
    • A consagración da primavera
    • A herdanza de Ravel
    • Grandes compositores
    • Instrumentos
    • Identifica. Educaplay
    • Colocación na orquestra
    • Mozart: instrumentos (inglés)
    • Escoita instrumentos: corda e vento
    • Escoita instrumentos de percusión
    • Xogo: identifica os instrumentos
    • Que instrumento soa?
    • Instrumentos da orquestra (inglés)
    • Os instrumentos da orquestra
    • Orquestra brasileira
    • Caixón de sastre
    • Apuntes
    • Repetidor
    • Quen...?
    • Os compositores
    • Xenios da música (1)
    • Xenios da música (2)
    • Xenios da música (3)
    • Entrea o teu oído
    • Hª música en 6 min
    • A voz humana
    • Altamente perigoso
    • Vídeos
    • Música clásica e cine

Coa música a outra parte

Mozart


Nome: Wolfgang Amadeus Mozart.
Data nacemento: 27 de xaneiro de 1756, Salzburgo (Austria)
Data morte: 5 de decembro de 1791, Viena (Austria)
Nacionalidade: austríaca
Movemento artísitico: Clasicismo.
Artista. Compositor, director de orquestra e pianista.
Obras. Sinfonía nº 40. A frauta máxica. Vodas de Fígaro. Concerto nº 21 para piano. Serenata nº 13 "Pequena serenata nocturna"...

Compositor austríaco considerado o máis grande xenio da música de todos os tempos. Cunha vida de só 35 anos foi capaz de cultivar con excelencia todos os xéneros, desde a música sacra e coral ata a ópera, pasando pola sinfonía e a música de cámara, representando xunto a Haydn e Beethoven a cúspide do Clasicismo musical.

O seu pai, Leopoldo, exerceu unha notable influencia nel, como mestre de composición e violín, dedicado en exclusiva á educación e o soño precoz do seu fillo. Sendo neno, exhibiu as súas habilidades interpretativas e creativas en Francia, Inglaterra, Holanda, así como nas principais cidades austríacas e alemás.
O seu enorme catálogo alberga máis de 600 obras, que empezou a compor aos 7 anos de idade. 

Outras cousas:
# Sábese que Mozart foi masón e na masonería o número 3 é moi significativo, xa que representa un papel fundamental nos os seus rituais. Por iso Mozart alagou moitas das súas obras con este número. Así, na Frauta Máxica, aparecen 3 acordes maiores na abertura, tres fadas, tres nenos que conducen ao protagonista polo bosque, tres instrumentos máxicos, tres probas, tres calidades do protagonista, tres templos...

Mozart
# Con oito anos, sendo xa un reputado concertista, Mozart compuxo a súa primeira sinfonía.O curioso é que a súa última sinfonía (a número 41) que compuxo pouco antes de morrer, ten un tema de 4 notas iguais ao Andante da primeira: do, re, fa, mi... . Sabía Mozart que non ía escribir máis sinfonías?

# Durante un tempo, púxose de moda falar do "Efecto Mozart", e é que, segundo algúns 'psicólogos', estimula a intelixencia e aumenta a capacidade de retención, ata se dicía que se as mulleres embarazadas oían música del, o rapaz ou rapaza sairía cun alto coeficiente intelectual. Seguramente todo con obxecto de promocionar certas películas da época... pero o caso é que se iso serviu para que se escoitase máis música del... benvido sexa.

# Mozart non soportaba o son dunha frauta. "O único peor a unha frauta, son dúas". De feito os concertos para frauta que escribiu foron todos por encargo, ata que por primeira vez substituíu este instrumento polo clarinete, e creou o fantástico Concerto Para Clarinete K.622. A partir de entón empezou a considerarse este instrumento dentro das orquestras.

# Mozart compuxo 621 obras e pasounas ao papel tan perfectamente que nunha folla de nota ou nunha páxina de partitura apenas aparece unha emenda. Antes de porse a escribir o primeiro compás, tiña na súa mente xa a peza completamente acabada. Canto tempo ocuparía se hoxe alguén pasase 10 horas diarias copiando a obra completa de Mozart? 25 anos. ¡E Mozart só chegou a cumprir 35!

# Mozart e Haydn eran grandes amigos e profesábanse unha admiración mutua. Unha vez Mozart quixo gastarlle unha broma a Haydn e preséntolle unha partitura dicíndolle que non era capaz de tocar esta peza.Haydn foi cara ao piano, dispuxo a partitura no atril e empezou a tocar sen problemas. Pero chego un momento no que se viu obrigado a deixar de tocar e díxolle a Mozart que non podía continuar porque había unha nota que era imposible de tocar posto que lle faltan dedos. Esa nota debía tocarse na parte central do teclado e Haydn tiña ambas as mans ocupadas nos extremos. Mozart sorriu e díxolle a Haydn que o deixara a él.
Tocou desde o principio e ao chegar á nota problemática agachou a cabeza e tocouna co nariz. Haydn dixo: " Verdadeiramente tocas con toda a alma, pero tamén con todo o corpo".

#  En certa ocasión un mozo músico preguntoulle a Mozart como debía facer para compoñer unha sinfonía, Mozart díxolle: "Ti es moi novo. Empeza por compor unha canción". Pero, mestre -dixo o mozo músico-, vostede compuña sinfonías cando tenia 10 anos. Si, facíao, pero nunca lle preguntei a ninguén como facelo, respondeulle Mozar.

# Nunha cea celebrada en Berlín en honra a Brahms, o anfitrión propuxo un brinde polo mais grande dos compositores. Brahms levantouse de súpeto e, alzando a súa copa, dixo: "Por Mozart".

# Mozart foi un neno prodixio, que axiña que soubo andar, dirixiuse cara ao cémbalo e púxose a tocar as súas cordas. Á idade de catro anos xa sabía tocar perfectamente un minué nese instrumento.

# Pero tambien sabía tocar xa o violín aos catro anos. Un día, a familia Mozart celebraba na súa casa unha festa de música de cámara e o pequeno Wolfgang estaba sentado no seu sitio preferido debaixo do cémbalo. De súpeto deu un salto, tomou un pequeno violín e rogou tocar coa orquestra. O segundo violín deixoulle divertido o seu posto. Para sorpresa de todos os presentes, o pequeno Mozart, tocou perfectamente a segunda voz sen falta algunha, seguindo a partitura. Ata aquel entón nunca recibira clases de música.

#  Só hai unha cousa peor que unha fruata, dúas frautas. Ese foi o que pensou cando lle encargaron a ópera "A frauta máxica"

# O xenio de Wolfang Amadeus Mozart viuse influenciado polo estraño e compulsiva Síndrome de Tourette. A Síndrome de Tourette é un trastorno neurológico hereditario que se caracteriza por movementos involuntarios repetidos e tics fónicos incontrolables que, nalgúns casos, inclúen insultos e frases inapropiadas.

# O seu nome completo foi Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart.

# Mozart foi un neno prodixio. Xa escribía pezas musicais a moi tenra idade; ata chegou a presentarse en público aos catro anos.

# Mozart foi un gastador compulsivo, polo cal sempre tiña problemas de débedas.

# Morreu mentres escribía o seu Réquiem. Formouse a lenda de que era como unha admonición da súa propia morte.

# Debido ás penurias económicas, foi enterrado nunha tumba comunitaria no cemiterio de St. Marx. Pero non se puido identificar o seu cadáver.

# Ignórase o lugar exacto da tumba de Mozart.

# Ninguén acompañou o seu corpo ata o cemiterio; soamente acompañouno ata o final o seu can.

# Despois de que el morreu, Haydn finalizou algúns dos seus traballos inconclusos.


Se chegaches ata aquí fixeches méritos suficientes para un premio. Escoita esta obra de Mozart: ": Divertimento K.136, primeiro movimento, baixo a dirección de Yehudi Menuhin  
Da súa ópera "A frauta máxica" dúas arias: 
  • A raíña da noite  
  • Papaxeno e Papaxena

Máis informacion: http://es.wikipedia.org/wiki/Wolfgang_Amadeus_Mozart
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Imágenes del tema: Airyelf. Con la tecnología de Blogger.