Pandeireta

Pandeireta.  
Nome. Castelán: pandereta. Italiano: tamburello basco. Francés: tambourin. Inglés: tambourine. Alemán: tamburin.
Familia. Percusión indeterminada.
Pandeireta
Como é? É un instrumento de percusión de pel e de metal. Está formado por aro de madeira que leva intercaladas unhas ferreñas ao redor, e un parche de pel. O tamaño da pandeireta é moi variado (dende os 13 cm  de diámetro a máis pequena ate os 28 cm a máis grande; nalgúns casos chegan a ter 40 ou 50 cm, pasando a chamares pandeiras). A súa altura duns 6-7 cm. No aro ten un furado, nas máis antigas, ou un rebaixe, nas modernas, para suxeitala.
Como produce o son? Prodúcese o son batendo o coiro contra os dedos, a palma da man, o puño ou o pulso, ou ben facendo vibrar o coiro por fricción cos dedos, nun movemento que se chama repenicar ou triscar.
Historia. A orixe do instrumento remóntase a varios miles de anos atrás, foi tocada en Exipto, Asia Menor. Aparece mencionada na Biblia en varias ocasións coma "tímpano", denominación coa que tamén se coñeceu en latín.  A denominación galega procede do latín "pandorius" aínda que, como acabamos de ver, "tímpano" foi talvez o nome empregado polos romanos. Durante a Idade Media foi moi popular.
Curiosidades.  Era un instrumento que adoitaban tocar as mulleres nos grupos de pandereiteiras ao tempo que cantaban para animar as festas.
As ferreñas, furriñas, forreñas ou chapas para as pandeiretas fabricábanse antigamente recortando círculos de metal a partir de latas de conserva ou caldeiros vellos, despois cuns alicates rizábaselles algo as beiras e dábaselles unha forma lixeiramente cóncava.
O emprego dá man ou do puño á hora de tocala depende dá zona xeográfica na que se faga. Así en Pontevedra adoitase tanxer coa man esquerda aberta, en Ourense co puño, e non Norte de Lugo faise co puño e ou dedo polgar estendido.

Audición:


Partes da pandeireta


E... aínda máis sobre a pandeireta:

   Como é a pandeireta?  Diferenza entre pandeireta, pandeira e pandeiro. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.

Imaxes obtidas na web: http://www.consellodacultura.org/
Feitas por: Alba Vázquez Carpentier