Tamboril ou tambor galego
Nome. Castelán: tamboril.
Familia. Percusión indeterminada.
![]()  | 
| Tamboril | 
Como produce o son?. O son prodúcese ao percutir con dúas baquetas de madeira no parche. Habitalmente tócase pendurado da cintura.
Historia. As 
súas orixes son militares, xa que os tamborileros encargábanse de 
insuflar ánimo ás tropas coa súa melodía, ademais estaban moi estendidos
 como acompañamento en diversas cerimonias relixiosas.  A combinación frauta-tamboril era frecuente en Europa na Idade Media en 
mans de xograres, como exemplo aparece unha imaxe dos dous instrumentos xuntos nas Cantigas 
de Santa María, de Afonso X "O Sabio", de mediados do S. XIII.
Curiosidades. Acompaña, frecuentemente, as gaitas. Algúns
 tamborileiros medievais construían e decoraban o seu tamboril, incluíndo na 
baqueta con que o golpeaban ou no cilindro expresións talladas ou 
pintadas do tipo "Viva o meu dono", "Fíxome..." ou "É de...". A decoración adoitaba reunir os clásicos elementos como 
cruces, peixes, paxaros ou a árbore da vida.
Audición:
Imaxes obtidas na web: http://www.consellodacultura.org/
Feitas por: Alba Vázquez Carpentier
 Tamboril
