Verdi


Nome: Giuseppe Fortunino Francesco Verdi
Data nacemento: 10 de outubro de 1813, Busseto (actual Italia)
Data morte: 27 de xaneiro de 1901, Milán (Italia)
Nacionalidade: italiá.
Movemento artístico: Romanticismo.
Artista: Compositor de óperas e organista.
Obras. 1842 Nabucco (ópera). 1851 Rigoletto (ópera). 1853 A Traviata (ópera). 1857 Simón Bocanegra. 1859 Un ballo in Maschera (ópera). 1862 A forza do destino (ópera). 1871 Aída (ópera). 1874 Misa de Réquiem. 1886 Otello (ópera). 1893 Falstaff (ópera).

Naceu nunha familia moi modesta, tivo a fortuna de contar coa protección de Antonio Barezzi, un comerciante de Busseto afeccionado á música. Grazas á súa axuda, o mozo puido desprazarse a Milán co propósito de estudar no Conservatorio, o que non logrou porque non superou as probas de acceso. 
Retrato de Verdi
Tras estudar con Vincenzo Lavigna, quen lle deu a coñecer a música italiana do pasado e a alemá da época, foi nomeado mestre de música de Busseto en 1836, o mesmo ano en que contraeu matrimonio coa filla do seu protector, Margherita Barezzi. O éxito que en 1839 obtivo en Milán a súa primeira ópera, Oberto, conte dei San Bonifacio, procuroulle un contrato co prestixioso Teatro da Scala. Con todo, o fracaso do seu seguinte traballo, Un giorno dei regno, e, sobre todo, a morte da súa esposa e os seus dous fillos, sumírono nunha profunda depresión na que chegou a  pensar no abandono da súacarreira musical. 

Outras cousas:
# Á temperá idade de 3 anos Verdi xa empezaba a tocar o teclado.

# Verdi foi acusado, polo seu traballo na súa ópera Otelo, de copiar o estilo de Wagner. Acusacións que foron infundadas.

# Despois que a súa primeira esposa morreu, Verdi casou con Giuseppina Strepponi, unha soprano.

# O conservatorio de Milán, que lle denegou a súa entrada de moza, quixo renombrarse co nome do propio compositor, grazas á súa popularidade e éxito na súa madurez, ao que el contestou: «Non me quixeron de mozo, non se por que me queren de vello». Actualmente o conservatorio leva o seu nome.

# Verdi necesitaba un aria para terminar a súa ópera "Rigoletto", e a tarde anterior á estrea aínda non a tiña composta, de mal humor, compuxo algo que el considerou de pouca categoría. Esa aria é "A donna é moblie", unha das máis populares da música clásica.

# Verdi morre en Milán, o 27 de xaneiro de 1901, por mor dun derrame cerebral. Unha gran multitude na proseción fúnebre entoou o coro dos escravos de "Nabucco" ("Vai pensiero sull'ali dorate"). 

# En  Exipto, no istmo de Suez, construíron unha canle para comunicar o mar Mediterráneo co mar Vermello, e aforrarse dar toda a volta a África. As obras remataron despois duns 10 anos. Para a inauguración da canle, que estaba baixo o dominado francée, ocorréuselles encargar unha música especial a un italiano.  Ese italiano era Verdi. Verdi, que debía compoñer unha obriña curta para inaugurar unha canle, acabou compoñendo unha ópera faraónica (moi longa na súa duración e moi grande en canto aos intérpretes que ían participar) que non se puido utilizar. Entre outras cousas porque non lle dió tempo a Verdi a rematala. "Aída", que asi é comose chamou a obra, estreouse dous anos despois, no Cairo, e Verdi pasou de ir á estrea porque non lle gustaban as viaxes longas en barco. A obra foi un gra éxito e a Verdi comunicáronllo por telegrama. Hoxe Aída está considerada unha das grandes óperas da historia da música. 
 
# Ao rematar as obras de Verdi a xente pasaba minutos gripanto ¡Viva Verdi!?  Non só porque lle gostaban as súas obras, había algo máis. Estamos na época da unificación italiana e esa unificación era apoiada polo rei Victor Manuel II.  Co seu apelido, Verdi, podíase construír o acrónimo: Vittorio Emanuelle Rei De Italia. Os partidarios da unificación italiana, cando axistía a unha obra súa, gritaban Viva Verdi!