Violín


  Violín. 
Nome. Castelán: violín. Italiano: violino. Francés: violón. Alemán: violine. Inglés: violin. Portugués: violino. 
Familia. Cortada fretada.
 Como é? O corpo do violin posúe unha forma bombeada, con silueta estilizada determinada por unha curvatura superior e inferior cun estreitamento na cintura en forma de C. As tapas do violín modélanse con suaves curvas que proporcionan o característico de abovedado. A tapa superior presenta dous orificios de resonancia chamados oídos ou efes (pola súa forma). A ponte, que está sobre a tapa e mantén no alto as cordas do violín; por detrás da ponte está o cordal, que é unha estrutura triangular de madeira que retén as cordas. As cordas seguen sobre o diapasón, que é liso, sen trastes como ten o da guitarra. O diapasón está unido á caixa mediante o talón que á súa vez está continuado polo mango. A parte traseira do diapasón é o caravilleiro, que recibe ás cordas mediante a "cejuela". As cordas van anudadas e tensionadas nas caravillas. O caravilleiro termina nun caracol chamado voluta (ás veces a voluta ten outras formas).
Os aros, que van ao redor do violín formando a súa silueta, son de pouca altura, o mastro posúe certo ángulo de inclinación cara atrás e remátase por un caracol chamado voluta. A estrutura interna do violín constitúena dous elementos fundamentais na produción sonora do instrumento: a barra harmónica e a alma. A barra harmónica corre ao longo da tapa xusto debaixo das cordas graves e a alma está situada xusto debaixo do pé dereito da ponte onde se sitúan as cordas agudas.
Mide uns 36 cm. Ten catro cordas. Nos violíns antigos as cordas eran de tripa. Hoxe poden ser tamén de metal ou de tripa entorchada con aluminio, prata ou aceiro.
Así mesmo, o arco é unha vara estreita, de curva suave, e construída de madeira de "pao de Brasil" duns 77 cm de longo, e dunha cinta de 70 cm formada por entre 100 e 120 crines de cola de cabalo. Os pelos ou "crines" de cabalo que están tensados entre os dous extremos da vara, que é moi delgada. A tensión dos pelos pódese modificar por un parafuso. 
Como produce o son? Produce o son mediante un arco cun feixe de fibras de pelo de cabalo tensadas, que se frega sobre as catro cordas que posúe o instrumento. É o máis pequeno dos instrumentos de corda e o que produce os sons máis agudos.Sostense en posición horizontal.
Historia. A orixe do violín é descoñecida; só existen hipóteses baseadas en parecidos. Unha das teorías di que os seus antecesores son os antigos "arcos", que consistían nun grande que era suxeitado coa boca, e outro pequeno que era fregado contra o máis grande. Outros pensan que vén de instrumentos como o "nefer" de Exipto, o "revanastron" de India e a "lira" de Grecia e aínda hai máis teorías. 
Na Idade Media había un instrumento que se chamaba "viola de arco" que se considera o seu antecedente máis próximo. O violín, como se coñece hoxe, apareceu no século XVI en Italia.
Curiosidades. Madeira e verniz? Un factor importante para un son de calidade é o tipo de madeira e o verniz do violín. O fondo está feito xeralmente de madeira de arce e a tapa de madeira de abeto xa que son consideradas de mellor calidade para o violín. En canto ao verniz, este pode afectar ao son do instrumento polo que se debe seleccionar un de moi boa calidade. Ademais, debe servir para dar beleza á madeira e protexela.
É o máis numeroso na orquestra sinfónica.  Ademais de na orquestra, o violín tamén é empregado na música de cámara. Tamén é un instrumento moi empregado na música tradicional. Hoxe constrúense "violíns electrónicos" que soen ser empregados por grupos de jazz, rock e pop.
Audición:


Partes dun violín
 
Partes interiores e exteriores dun violín
Pezas dun violín

E... aínda máis sobre o violín:

  Como se fai un violín?  Todo o proceso para construír un violín. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.
  Como se fai un violín eléctrico?  Todo o proceso para construír un violín eléctrico. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.

Violín virtual. Móveo para observalo dende todos os lados.

..........................................................

Se chegaches ata aquí fixeches méritos suficientes para un premio. Sorpréndete con esta interpretación de Itzhak Perlman interpretando a Bazzini: La ronde des lutins, op.25.