Vivaldi

Antonio Vivaldi

Nome: Vivaldi, Antonio Lucio.
Data nacemento: 4 de marzo de 1678, en Venecia (Italia).
Data morte: 28 de xullo de 1741, en Viena (Austria)
Nacionalidade: italiana.
Movemento artístico: Barroco. Compositor e violinista. 
Pouco se sabe da súa infancia. Fillo do violinista Giovanni Battista Vivaldi, o pequeno Vivaldi iniciouse no mundo da música probablemente da man do seu pai. Orientado cara á carreira eclesiástica, foi ordenado sacerdote en 1703, aínda que só un ano máis tarde viuse obrigado a renunciar a celebrar misa a consecuencia dunha enfermidade bronquial, posiblemente asma.
Tamén en 1703 fíxose profesor de violín no "Ospedale della Pietà Pío", unha institución para nenas orfas. Moitas das súas composicións foron estreadas pola súa orquestra feminina da institución.
Antonio Vivaldi pronto se fixo famoso en toda Italia, onde a súa fama estendeuse ao resto de Europa, non só como compositor senón tamén como un violinista, un dos máis grande do momento.
Pero a finais de 1730 o público veneciano comezou a mostrar menos interese pola súa música, polo que decidiu probar sorte en Viena, onde morreu na extrema pobreza un mes despois da súa chegada. 
Outras cousas:
# A Antonio Vivaldi coñécese co alcume de "Il Prete Rosso" (O Cura Vermello) debido a cor do seu pelo e ao feito de que era cura. 

# Vivaldi compuxo máis de cincocentos concertos, á parte de óperas e música sacra.


# Igor Stravinski comentou nunha ocasión que Vivaldi non escribira nunca cincocentos concertos, senón «cincocentas veces o mesmo concerto». Non deixa de ser certo no que concierne ao orixinal e inconfundible ton que o compositor veneciano soubo imprimir á súa música e que a fai rapidamente reconocible.
# Vivaldi sufriu de asma e moitas veces tivo que abandonar, cando oficiaba misa, debido aos seus frecuentes ataques. 

# Cando o cardeal escusouno de oficiar máis misas a causa da asma, Vivaldi conseguiu un traballo como director musical nunha escola para nenas orfas. 

# Un dos seus traballos musicais, "Arsilda regina dei Ponto", foi nun principio censurado debido a un suposto contido lésbico. 

# Vivaldi tivo varios amores, unha das cales foi a cantante Anna Giraud. 

# O compositor italiano compuxo a música de vodas do rei Luís XV de Francia. 

# Ao Emperador austriaco Carlos VI gustáballe tanto a música de Vivaldi que o nomeou cabaleiro. 

# Johann Sebastian Bach admiraba tanto a música de Vivaldi que transcribiu varias das súas obras. 

# Ao morrer a súa música quedou na máis completa obscuridade. Foron os estudiosos de Bach, no século XIX, quen ouviron por primeira vez de Vivaldi, isto grazas aos antigos manuscritos onde Bach transcribira os concertos de alguén chamado Vivaldi. Sabíase quen era Bach, pero quen era Vivaldi? Por fortuna realizouse unha procura, o que deu como resultado o rescate de Vivaldi do esquecemento. 

# Antón Vivaldi naceu e morreu no período de música barroca. 

# No funeral de Vivaldi, celebrado na catedral de Viena, cantaron os nenos do coro da catedral, entre os que se atopaba o futuro compositor Joseph Haydn. 

# A obra máis famosa de Antonio Vivaldi son os concertos das Catro Estacións.


Obras máis destacadas:
  • L'estro armónico (doce concertos para 1-4 violíns, arcos e bajo continuo) - 1712
  • La Stravaganza (doce concertos para violín, arcos e bajo continuo)- 1713
  • La veritá in cimento  (ópera) - 1720
  • Concierto para flauta nº 2 en sol menor - 1724
  • Il cimento dell' armonia e dell' invenzione (inclúe "As catro estacións") - 1725
  • Orlando (ópera) - 1727
  • La cetra (doce concertos para violín, arcos e bajo continuo) - 1728
  • L'Olimpiade (ópera) - 1734
  • Il pastor fido (sonatas para flauta) - 1737
  • Seis sonatas para violonchelo e bajo Op. 14 - 1740
 Audicións:

As catro estacións: Primavera
As catro estacións: Inverno
As catro estacións: Verán
As catro estacións: Outono
Gloria in Excelsis Deo


Máis informacion: http://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_Vivaldi