![]() |
Pachelbel |
Estamos falando dunha composición, un canon, que ¿compuxo? o alemán Johann Pachelbel alá polo ano 1680. É coñecida por: O Canon en Re Maior (o seu título completo é Canon e Giga en re maior para tres violíns e baixo continuo; no orixinal alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo).
O Canon en Re Maior de Pachelbel, é música de cámara para tres violíns, violonchelo, mandora e clavicordio, e con esta simple aliñación instrumental Pachelbel logrou unha melodía tan sutil e simple, que logrou perdurar por máis de 300 anos.
En realidade non existe un reconto histórico fiable sobre exactamente cando e por que foi composta esta peza, pero a versión máis popular é que foi composta por Pachelbel, para a voda de Johann Christoph Bach, quen era o irmán maior de Johann Sebastian Bach.
Tamén existe a versión de que este canon en realidade non o escribiu el, senón que máis ben foi un alumno seu quen o compuxo como traballo de clase e Pachelbel quedou con el para corrixilo e xa non llo devolveu ao seu alumno. Os que afirman tal cousa argumentan que é o único canon que escribiu Pachelbel e que un canon é unha obra que se fai de estudante.
Non sabemos cal das dúas versións é a certa ou ata se é certa algunha das dúas. Pero o que si é certo é que hoxe "O Canon" é a composición clásica máis copiada, versionada, adaptada,... de toda a música clásica.
Por que lle gusta a tanta xente?
Porque a súa melodía é facilmente reconocible, xa que cando a escoitamos por primeira vez xa levamos escoitadas moitas cancións modernas que se inspiraron nela. É unha composición que xera unha sensación de paz.
Achegándonos a esta obra:
# Primeiro escoitala como fixeron máis de 11 millóns de persoas en Youtube e, digo ben escoitaron, porque o vídeo é un fondo en negro.

# Se a cifra anterior é impresionante, máis o é que 15 millóns de persoas, en Youtube, escoitaron e viron a versión titulada "Canon Rock" de JerryC.

# O humorista, Rob Paravonian, fixo un monólogo musical no que se queixaba amargamente de que o Canon de Pachelbel perseguíalle alá onde fose.

# Así soaba no século XVII. A seguinte é unha versión con instrumentos orixinais da época na que foi composta.

# Jon Schmidt (piano) e Steven Nelson (violonchelo) fan "a súa versión" da obra.

# Nunha voda. Unha versión moi... especial.

Esta composición está versionada para distintos instrumentos como pode ser:
# Guitarra.

# Piano.

# Arpa.

# Instrumentos de vento.

# A capella.

Moitas cancións modernas están inspiradas no Canon de Pachelbel, por exemplo:
# O grupo australián The Axis of Awesome fixo un "mix" con algunhas das cancións que se "inspiraron" no Canon. O vídeo ten máis de vintecatro millóns de visitas en youtube.

# Aerosmith: "Cryin".

# Village People: "Go west".

# Green Day: "Basket case".

Se premes aquí poderás ver unha lista con algunhas das cancións que se "inspiraron" no Conan de Pachelbel.
Aínda hai máis, isto continuará...