Para comezar

Programas que é recomendable a súa instalación para un correcto funcionamento deste blog. Todos os programas son gratuítos e podes acceder a eles premendo no seu nome: Firefox. Adobe Reader. Adobe Flash. QuickTime. 

A historia da música resumida en seis minutos... De seguro que che soa!


A música clásica e o cine

A música clásica está presente en moitas películas. Algunhas escenas son recordadas tanto polas imaxes como pola música que aparece nelas.
Algunhas desas escenas inolvidables, ordenadas subxectivamente, poden ser as seguintes: 

Título. Apocalypse Now.
Título orixinal. Apocalypse Now.
Director. Francis Ford Coppola.
Ano. 1979.
Intérpretes. Martin Sheen, Marlon Brando e Robert Duvall, Laurence Fishburne, Frederic Forrest...    
Xénero. Bélico, drama. Guerra de Vietnam.  
Escena. O coronel Kilgore (Robert Duvall) ten a orde de despexar a entrada dunha praia. O ataque de artillería aérea lánzase a primeira hora da mañá, con helicópteros equipados con potentes altofalantes que emiten música.
Música. "A cabalgata das valquirias" de Richar Wagner.   

Título. 2001, unha odisea no espazo.
Título orixinal. 2001: A Space Odyssey.
Director. Stanley Kubrick. 
Ano. 1968.  
Intérpretes. Keir Dullea, Gary Lockwood, William Sylvester, Daniel Richter, Laonard Rossiter, Margaret Tyzack... 
Xénero. Ciencia ficción. 
Escena. Un homínido colle un óso (instrumento e arma) na man e comeza a golpear o resto dos ósos que constituían o esqueleto dun animal; mentres realiza esta acción soa un tema musical.
Música. "Así falaba Zaratustra" de Richard Straus. Versión curta: . Versión longa   

Título. Cadea perpetua.
Título orixinal. The Shawshank Redemption.
Director. Frank Darabont.
Ano. 1994.
Intérpretes. Tim Robbins, Morgan Freeman, Bob Gunton, James Whitmore, Gil Bellows...
Xénero. Drama carcelario.
Escena. O protagonista Andrew Dufresne (Tim Robbins), atrincheirase nun despacho e retransmite música a toda a prisión, como un grito de dignidade e de liberdade.
Música. "As Vodas de Figaro" de Mozart.

Título. Master and Commander: ao outro lado do mundo. 
Título orixinal. Master and Commander.
Director. Peter Weir.
Ano. 2003. 
Intérpretes. Russell Crowe, Paul Bettany, Lee Ingleby, David Threlfall, James D'Arcy...
Xénero. Aventuras, acción.
Escena. Antes da batalla o capitán
Jack Aubrey (Russell Crowe) e o ciruxano Stephen Maturin (Paul Bettany) interpretan un tema musical.
Música. "A música nocturna das rúas de Madrid nº 6 op. 30" de Luigi Boccherini (1743-1805).

Título. Excalibur.
Título orixinal. Excalibur.
Director. John Boorman.
Ano. 1981.
Intérpretes. Nicol Williamson, Nigel Terry, Cherie Lunghi, Nicholas Clay, Helen Mirren, Paul Geoffrey...
Xénero. Aventuras, fantástico, drama.
Escena. Arturo e os seus cabaleiros cabalgando, ao amencer, entre os almendros en flor,  para ir á axuda de Leondegrance, o pai de Xenebra, ao que lle están asediando o seu castelo.

Música. "O Fortuna de Carmina Burana" de Carl Orff. 

Título. O gran ditador.
Título orixinal. The Great Dictator.
Director. Charles Chaplin.
Ano. 1940.
Intérpretes. Charles Chaplin,  Paulette Goddard, Jack Oakie...
Xénero. Comedia, sátira.
Escena. Un barbeiro xudeo (Chaplin), que ten un sambroso parecido co ditador Hynkel, afeita a un cliente seguindo o ritmo da música. O ditador Hynkel (Chaplin) xoga co mundo demostrando as súas ansias de poder.
Música. "Danza húngara nº 5" de Brahms (barbería) .  "Lohengrin" de Wagner (xogando co globo) .

Título. O pianista
Título orixinal. The pianist.
Director. Roman Polansky
Ano. 2002
Intérpretes. Adrien Brody, Thomas Kretschmann, Maureen Lipman, Ed Stoppard, Emilia Fox, Frank Finlay...
Xénero. Drama. II Guerra Mundial. Nazismo. Holocaustro. Música. Basado en feitos reais. Biográfico.
Escena. (Escena 1) Wladyslaw Szpilman (Adrien Brody) demostrando que é un pianista. (Escena 2) Despois da liberación de Polonia retoma a súa activivdade como pianista.
Música. Balada nº 1 op. 23 de Chopin (esc. 1) . Gran polonesa brillante op. 22 de Chopin (esc. 2).

Título. V de vendetta.
Título orixinal. V for vendetta.
Director. James McTeigue
Ano. 2006
Intérpretes. Natalie Portman, Hugo Weaving, Stephen Rea, John Hurt, Stephen Fry, Rupert Graves...
Xénero. Ciencia ficción. Thriller. Acción
Escena. Ao final da película cando explosiona os edificios máis representativos de Londres fano formando parte dun tema musical.
Música. "A obertura 1812, op. 49" de Tchaikovsky.

Título. A vida é bela
Título orixinal. La vita é bella.
Director. Roberto Benigni.
Ano. 1997.
Intérpretes. Roberto Benigni, Nicoletta Braschi, Giorgio Cantarini, Marisa Paredes, Giustino Durano...
Xénero. Comedia. Drama.
Escena. Guido (Roberto Benigni) se arriesga al inundar el negro silencio del campo de concentración con un alegre tema musical.
Música. Barcarola "Belle nuit" dos Contos de Hoffman, de Jacques Offenbach.

Título. Barry Lyndon
Título orixinal. Barry Lyndon.
Director. Stanley Kubrick.
Ano. 1975.
Intérpretes. Ryan O'Neal, Marisa Berenson, Patrick Magee, Hardy Kruger, Steven Berkoff...
Xénero. Drama.
Escena. (Escena 1) Duelo entre Barry Lyndon e o capitán Quinn. (Escena 2) Intercambio de olladas na mesa de xogo e saída ao exterior de Lay Lyndon a tomar o aire, Barry Lyndon sae tras ela; cóllea da man e dálle un bico.
Música.(Esc. 2)  "Sarabande" de Händel.   Imaxes.   (Esc. 2) "Trío con piano nº 2" de Schubert.  

Título. El padrino III
Título orixinal. The Godfather: Part III.
Director. Francis Ford Coppola.
Ano. 1990
Intérpretes.  Al Pacino, Diane Keaton, Andy García, Joe Mantegna, Talia Shire, Eli Wallach...
Xénero. Drama | Mafia. Crimen. Secuela. Familia
Escena. Oa final da película Michael Corleone (Al Pacino) e a súa familia sáen da ópera; ao baixar as escaleiras é asasinada a súa filla.
Música. "Cavallería rusticana (nobreza rústica)" de Pietro Mascagni.

Videos curiosos

O mellor da música clásica
- De Pachelbel a Schubert.
- De Strauss a Chopin.
- De Bizat a Joaquín Rodrígo.

O bolero de Ravel, versión de Stringfever. Cun instrumento é suficiente.
Cantanta 147 de Bach. Interpretada por unha bola de madeira que se desliza por unha rampa na metade dun bosque. Trátase dunha obra de Kenjiro Matsuo.
O noso corpo como instrumento: 
- Imitación dos sons dunha treboada.   
- Música coa boca.
- Unha canción de Lady Gaga.
- Historia da música en cinco minutos.

A música e os animais:
- O grupo The New Hot 5 actuando para unhas  vacas en Grenoble, Francia. Cando o grupo comezou a tocar "When The Saints Go Marching" de Louis Armstrong, as vacas...
Música con outros "instrumentos musicais".
- Música con botellas.
- Serrucho: Ave María.  
- Música con copas de auga.  
- Globetrotters: música e baloncesto.  
- Hotel California. Sen instrumentos, coa voz.  
- Tocando o piano cunhas pelotas.

A voz humana

Soprano
A voz prodúcese pola vibración das cordas vocais, cando se achegan entre elas, como consecuencia do paso do aire a través da larinxe.
A diferenza fundamental que existe entre a voz humana e calquera outro instrumento musical, é que se trata do único instrumento, en que a forma e disposición da caixa de resonancia modifícase continuamente, adoptando diversas posicións que cambian, ampliando ou diminuindo a súa capacidade. Así, a voz humana, convértese no máis perfecto de todos os instrumentos musicais.


As voces femininas clasifícanse en: soprano, mezzosoprano e contralto.
Soprano. A voz de soprano é a máis aguda e das voces de muller.

- Sumi Jo interpreta "Ave María" de Giulio Caccini.
- Luciana Serra interpreta a aria "A raíña da noite" da ópera "A frauta máxica" de Mozart.
- Freddie Mercury e a soprano Montserrat Caballet interpretan a composición "Barcelona" de Freddie Mercury.
Mezzosoprano. A voz de mezzosoprano non é tan aguda como a da soprano. Sen embargo, adoita ter algo máis de corpo, xa que é máis grave.
- Dolora Zajick intepreta a aria "Stride la vampa" da ópera "O trobador" de Verdi.
- Cecilia Bartoli interpreta a aria "Agitata da due venti" da ópera "Griselda" de Vivaldi.
Contralto. É o tipo de voz máis grave para unha muller.
- Sara Mingardo interpreta a aria "In sì torbida procella" da ópera "Il tamerlano" de Vivaldi.
As voces infantís clasifícanse do mesmo xeito que as voces femininas: soprano, mezzosoprano e contralto.

As voces masculinas clasifícanse en: tenor, barítono e baixo.
Tenor. É a máis aguda das voces de home.
- Franco Corelli interpreta a aria "Nessun dorma" da ópera "Turandot" de Puccini.
- Luciano Pavarotti interpreta a composición "Ave María" de Schubert.
Tenor
- Plácido Domingo, José Carreras e Luciano Pavarotti ("Os tres tenores") interpretan a composición "O sole mio" coa a letra de Giovanni Capurro e a melodía de Eduardo di Capua.
Barítono. Os homes con voz de barítono cantan nun rexistro medio, é dicir, nin moi aguda -sería tenor- nin moi grave -sería baixo-.
- Cornell McNeil interpreta o personaxe do bufón Rigoletto na ópera "Rigoletto" de Verdi.  
- Leo Nuci interpreta a aria "Cortigiani vil razza dannata" da ópera Rigoletto de Verdi.
Baixo. É a máis grave da voz dos homes.
- René Pape interpreta un fragmento do "Réquiem" de Verdi.
- Boris Christoff interpreta a aria "A calumnia" da ópera O barbeiro de Sevilla" de Rossini. 

Outras voces "especiais": castrati e contratenor.
Castrati. Os castrati xuntaban na súa voz a tenrura dun neno e a potencia e forza dun adulto. Foron voces moi cobizadas e aplaudidas. 
Alessandro Moreschi
Durante 200 anos fixéronse en Italia un gran número de castracións de nenos de 7 a 10 anos. A comezos do século XVIII calcúlase que se realizaban unhas 4.000 castracións anuais. Eran fillos de familias pobres que aspiraban a gañar fama e fortuna. Suponse que un 10% logrou gañarse a vida cantando e  só un 1% logrou a fama e o éxito. 
Algúns dos castrati máis famosos foron: Pistocchi, Farinelli, Bernacchi, Senecino...
A existencia dos castrati estivo motivada, en parte, pola prohibición que tiñan as mulleres de actuar en público. 
Alessandro Moreschi (1858-1922) foi o derradeiro castrati. Era coñecido como "l'angelo di Roma" (O anxo de Roma). Foi sometido a castración cara ao ano 1865 para curarlle dunha hernia inguinal; ao parecer, era común na Italia da época curar a hernia con este procedemento. 
De Alessandro Moreschi quedounos unha gravación realizada en 1902. A calidade da gravación debido aos precarios medios cos que foi rexistrada e ao paso do tempo, é mala, sen embargo nela pódense apreciar as calidades desta voz única, que se converte no único rexistro de castrati que se conserva no mundo. Nela pódese apreciar unha tesitura de soprano cuns apuntes moi altos que se converten en únicos.
- Alessandro Moreschi interpreta "Crucifixus" de Rossini.
- Alessandro Moreschi interpreta "Ave María" de Schubert.
Na película "Farinelli" recréase a vida do castrati máis famoso: Carlo Broschi ("Farinelli"). Para conseguir a súa voz, tendo en conta quee na actualidade non existe ningún castrati, tiveron que xuntar, usando un ordenador, dúas voces diferentes, a do contratenor (a voz masculina máis aguda) norteamericano Derek Le Ragin e a da soprano polaca Ewa Mallas Godlewska. Nas gravacións e na película, el canta as partes máis graves e ela as máis agudas. 
- Farinelli, interpretación dun fragmento da película.
Contratenor. O contratenor é o cantante adulto que canta no rexistro vocal masculino máis agudo, empregando o falsete, a voz de cabeza e a voz de peito. A aparición destes cantantes xorde como unha alternativa ante a negativa da Igrexa católica para os castrati, polo cal quen podían suplantar dalgún modo estas obras líricas eran os contratenores.
Os contratenores son homes que conservan as peculiaridades desta voz de soprano (tamén con maior potencia), sen ser alterado o seu desenvolvemento hormonal, senón, por un peculiar desenvolvemento do seu aparello fonador.
- Philippe Jaroussky canta a aria "Vedrò con mio diletto" de Vivaldi.