Haydn


Nome: Franz Joseph Haydn
Data Nacemento: 31 de marzo de 1732, Rohrau, preto de Viena (Austria)
Data Morte: 31 de maio de 1809, Viena (Austria)
Nacionalidade: austríaca.
Movemento artísitico: Clasicismo. 
Artista. Compositor. 
Obras. A creación (oratorio). Sinfonía nº 31 en re menor. Sinfonía nº 45. Sinfonía 101 "O reloxo". Sinfonía nº 104 “Londres”...

Haydn é considerado o pai da sinfonía e do cuarteto de corda: aínda que ambas as formas existían con anterioridade,  foi el quen lles deu unha coherencia e un sentido que superaban o puro divertimento galante do período anterior. 
Nacido no seo dunha humilde familia, o pequeno Joseph Haydn recibiu as súas primeiras leccións do seu pai, quen, logo da xornada laboral, cantaba acompañándose ao arpa. Os pais de Haydn déronse conta que o seu fillo tiña talento para amúsica e sabían que en Rhrau non tería oportunidade de ter unha educación musical adecuada. Por esta razón aceptaron a proposición do seu parente Johan Mathias Franck, director da escola e mestre do coro en Hainburg, para que aprendera na súa casa. Con seis anos Haydn emprendeu a viaxe de once kilómetros dende Rohrau a Hainburg e nunca máis volveu a vivir con seus pais. Dous anos máis tarde marchou para Viena, onde ingresou no coro da catedral de San Estevo.
Haydn
No ano 1761 produciríase un xiro decisivo na súa carreira musical: foi entón cando os príncipes de Esterházy tomárono ao seu servizo. Haydn tiña á súa disposición unha das mellores orquestras de Europa, para a que escribiu a maior parte das súas obras orquestrais, operísticas e relixiosas. Illado doutros compositores e tendencias musicais ata o último tramo da súa vida, estivo, segundo dixo, «forzado a ser orixinal».
O falecemento en 1790 do príncipe Nikolaus e a decisión do seu sucesor, Paul Anton, de disolver a orquestra da corte motivou que Haydn, instalase a súa residencia en Viena. Ese ano realizou a súa primeira viaxe a Londres, ao que seguiu en 1794 unha segunda. Na capital británica, ademais de dar a coñecer as súas doce últimas sinfonías, tivo ocasión de escoitar os oratorios de Haendel, cuxa sinal é perceptible na súa propia aproximación ao xénero coa Creación e As estacións. 
Haydn considerou a posibilidade e quedarse a vivir en Londres, pero, finalmente, regresou a Viena. Alí construíse unha gran casa e continuou compoñendo.
En 1799 comezou a sentir sintomás de debilidade física e mental e que se agudizou ata o punto de serlle imposible de continuar a compoñer.
O 13 de maio de 1809 as tropas de Napoleón ocupan a cidade de Viena e o 31 de maio morre Haydn.

Outras cousas:
# Haydn casou en 1760, pero o matrimonio non se entendía e non tiveron fillos. A muller gustáballe tan pouco a música que se facía os rulos do pelo cos manuscritos das partituras do seu marido.

# Unha das cláusulas do contrato de Haydn co príncipe Nikolaus de Esterházy dicía que a música que Haydn compuxese non podería saír dos límites das propiedades do príncipe. Dado que Haydn estivo recluído durante case trinta anos, a súa obra saíu clandestinamente do palacio e viaxou incontroladamente por Europa, caendo moitas veces en mans de editores sen escrúpulos que non dubidaban en tergiversarla, mutilala ou apropiarse da fama de Haydn para publicar co seu nome obras de autores menos coñecidos.

# Haydn deulle clases de compisicón a Beethoven; aínda que este nunca lle tería a consideración de consideralo "o seu mestre". Con quen tivo unha boa relación foi con Mozartr a pesar da diferenza de idade entre os dous (Haydn era 24 anos maior que Mozart). Cando Mozart morreu, Haydn rematou algunhas das obras que deixou incompletas.

# Atribuíselle durante moitos anos a "Sinfonía dos xoguetes" pero agora  atribúeselle ao pai de Mozart

# A Creación foi a primeira gran obra da historia da música que se compuxo pensando na posteridade. Haydn dicía: "Dedícome plena e totalmente á Creación porque desexo que perdure a través do tempo". Traballou sen pausa durante dous anos. A primeira execución pública, dirixida por Haydn, tivo lugar o 19 de marzo de 1799 no Burgtheater cun éxito nunca visto. Esta foi a anteúltima obra que compuxo Haydn, en 1798, e a súa preferida; a tal punto que, xa retirado da vida pública, non dubidou en aceptar presenciar, aínda moi enfermo, unha audición da Creación dirixida por Salieri. Contan que estaba particularmente emocionado, conmovido e agradecido e que foi obxecto da interminable mostra de agarimo dunha sala en pleno, do director e dos músicos. Sería ese último aplauso, tamén o último recordo que o uniría a unha longa e intensa vida, xa que morrería en poucos días máis tarde.

# En plenas guerras napoleónicas, dous días despois do seu apresurado enterro na Viena ocupada, un científico afeccionado desenterrou o cadáver e roubou a cabeza para estudar o cranio do xenial compositor (para a seudociencia da época a intelixencia estaba relacionada coa forma do cranio). O roubo descubriuse en 1815, ao exhumarse o cadáver para enterralo en Eisenstadt. O cranio foi doado en 1839 á Academia de Música de Viena; en 1895 exhibiuse no museo da academia nunha caixa de cristal colocada encima dun piano.  En 1954, o cranio se reintegrouse ao corpo nunha complexa cerimonia relixiosa e foi enterrado na igrexa de Bergkirche, en Eisenstadt.


Se chegaches ata aquí fixeches méritos suficientes para un premio. Escoita esta obra de Franz Joseph Haydn: "Divertimento para violonchelo e orquestra de cordas en Re mayor: III. Allegro di molto". Yuli Turovsky toca o violonchelo