Nome. Castelán: arpa. Italiano: arpa. Francés: harpe. Inglés: harp. Alemán: harpe.
Familia. Corda pulsada
Como é? A forma da arpa é triangular e está formada por unha caixa de resonancia que ascende de forma oblicua, un pescozo curvado onde se sitúan as caravillas para tensar as cordas, e unha columna que lle dá rixidez. A altura total do arpa é aproximadamente 1,80 cm. Na base da columna atópanse os pedais que son sete un por nota e serven para tensar ou destensar as cordas facéndoas máis agudas ou máis graves.
E un instrumento polifónico. Ten 47 cordas de diferente tamaño e grosor. Na base ten sete pedais, un por cada nota. Ten unha altura de 1,7 m.
Como produce o son? Para tocar o instrumento apóiase a caixa no ombro e tócase coas unllas e as xemas dos dedos das dúas mans. Para facilitar a localización das notas, as cordas do e fa son de cor e o resto son brancas. Cando o arpista pulsa unha corda, a oscilación viaxa á parte inferior do instrumento que é unha caixa de resonancia, só é unha caixa oca de madeira delgada. Esta sección tamén amplifica. Os buracos circulares axudan a resoar o aire en determinadas frecuencias. A arpa tócase "desplumando" cos dedos ou movendo os dedos enriba e abaixo das cordas deslizándoos de maneira que forme un "glissando".
Historia. A súa orixe remóntase ao 1200 a. C. Foi un instrumento xa empregado na Antigüidade: Mesopotamia, Exipto, Grecia, Roma (na Biblia aprece citado máis de coarenta veces). Durante a Idade Media foi un instrumento moi empregado; pero na época do Renacemento deixou de utilizarse. Recupérase no século XVIII, coa incorporación de pedais. Na música pop entrégase moi pouco (Enya é a das poucas que a emprega).
A arpa actual data de comezos do século XIX. A arpa moderna de orquestra inclúe máis de 1400 pezas, e a presión que exerce as cordas sobre o instrumento é ao redor de 2 toneladas e media.
Curiosidades. A arpa é o instrumento musical nacional de Venezuela, Perú e Irlanda.
Audición:
Partes da arpa |
Partes interiores e exteriores da arpa
E... aínda máis sobre a arpa:
Como se fai unha arpa? Todo o proceso para construír unha arpa. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.