Nome. Castelán: tamboril.
Familia. Percusión indeterminada.
Tamboril |
Como produce o son?. O son prodúcese ao percutir con dúas baquetas de madeira no parche. Habitalmente tócase pendurado da cintura.
Historia. As
súas orixes son militares, xa que os tamborileros encargábanse de
insuflar ánimo ás tropas coa súa melodía, ademais estaban moi estendidos
como acompañamento en diversas cerimonias relixiosas. A combinación frauta-tamboril era frecuente en Europa na Idade Media en
mans de xograres, como exemplo aparece unha imaxe dos dous instrumentos xuntos nas Cantigas
de Santa María, de Afonso X "O Sabio", de mediados do S. XIII.
Curiosidades. Acompaña, frecuentemente, as gaitas. Algúns
tamborileiros medievais construían e decoraban o seu tamboril, incluíndo na
baqueta con que o golpeaban ou no cilindro expresións talladas ou
pintadas do tipo "Viva o meu dono", "Fíxome..." ou "É de...". A decoración adoitaba reunir os clásicos elementos como
cruces, peixes, paxaros ou a árbore da vida.
Audición:
Imaxes obtidas na web: http://www.consellodacultura.org/
Feitas por: Alba Vázquez Carpentier