Nome. Castelán: bombo. Italiano: gran cassa. Francés: grosse caisse. Inglés: bass drum. Alemán: grosse trommel.
Familia. Percusión indeterminada.
Bombo |
Como produce o son? que se golpea cun mazo de cortiza e produce
un son grave e potente. O seu son é tan potente que se pode escoitar a
unha distancia considerable. O
bombo percútese no centro da pel para obter o caracteristico son xordo e
seco, e nun punto intermedio, entre o bordo e o centro, para outros
efectos. Para iso úsanse mazos de diferentes formas e dimensións; desde
un mazo de dobre cabeza (usado só en position vertical), a baquetas de
fieltro duro ou suave.
Historia. Coñécense
evidencias da existencia de grandes tambores de dous parches desde ao
redor do ano 2500 a. C., en Sumeria. O bombo moderno, tal e como se
coñece hoxe en día é descendente do davul, un tambor turco con dous parches tensados
por cordas e utilizado nas bandas otománs dos séculos XVII e
XVIII. Este instrumento, ao ser tocado, colgábase no peito con correas
grosas, o que facía máis fácil para os soldados transportar os seus
instrumentos de batalla en batalla. Golpeábase un costado cunha baqueta
curva de madeira, mentres que o outro se percutía cunha varilla lixeira,
producindo un son máis alto e seco. O davul producía un son moito máis grave que
calquera outro instrumento da época, e debido ao seu ton característico
eran usados amplamente na guerra e no combate, onde se necesitaba un son
profundo e potente para asegurar que as tropas marchasen ao paso
correcto.
Curiosidades. O seu son recorda as pegadas dunha persoa.
Curiosidades. O seu son recorda as pegadas dunha persoa.
Audición:
E... aínda máis sobre o bombo:
Como se fai un bombo dunha batería? Todo o proceso para construír un bombo. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.
Como se fai unha membrana para baterías? Todo o proceso para construír unha membrana para baterías. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.