Nome. Castelán: platillos, címbalos. Italiano: cembali/piatti/cinelli. Francés: cymbales. Inglés: cymbals. Alemán: becken, zymbel
Familia: Percusión indeterminada
Como é? Son discos finos, delgados e cóncavos, de bronce ou latón, que se chocan ou se golpean separadamente con baquetas duras ou brandas. No centro teñen un burato para colocar unha correa de coiro que fai a función de asa.
Como produce o son? Batendo un prato contra outro ou golpeando un prato cunha baqueta. O tamaño destes instrumentos inflúe directamente na sonoridade, atoparemos máis poder de explosión e son mais grave conforme vaiamos engadindo polgadas de tamaño e grosor na aliaxe.
Historia. A súa orixe está nun instrumento da Antigüidade chamado crótalo (semellante a unhas castañolas). Dende Oriente Medio chegaron ao imperio romano onde os turcos aumnetáronlle o seu tamaño ata darlle un aspecto semellante ao que ten na actualidade. Na época do Romanticismo integrouse no grupo de instrumentos de percusión da orquetra sinfónica.
Curiosidades. Os pratos utilizados nas orquestras de certo nivel están construídos dunha mestura de cobre, prata e estaño.
Os pratos de orquestra actuais aínda que cada fabricante ten as súas propias aliaxes e modelos, imponse sobre todas tres formas de construír e nomear estes instrumentos:
1.- Franceses: pouco pesados e de son agudo.
2.- Vieneses: Son os máis habituais de uso xeral.
3.- Alemáns: Os máis pesados, de son grave.
Audición:
Pratos |

E... aínda máis sobre os pratos: