Brahms

Brahms
Nome: Johannes Brahms
Data Nacemento: 7 de mayo de 1833, Hamburgo(Alemaña)
Data Morte: 3 de abril de 1897, Viena (Austria)
Nacionalidade. Alemá
Movemento artísitico. Romanticismo. 
Artista. Compositor e pianista.
Obras. As danzas húngaras. Sinfonía nº 1 en do menor, opus 68. Requien alemán. Concerto en re mayor para violín e orquetra, opus 77. Cocerto para piano e orquetra nº 2 en si bemol mayor. Sinfonía nº 4 en mi menor, opus 98.

A Brahms considéraselle o máis clásico dos compositores románticos, mantiniendose fiel durante toda a súa vida ao clasicismo romántico influenciado por Mozart e en especial Beethoven, que foi un dos que máis lle gustaba a Brahms.
Brahms naceu no seo dunha modesta familia na que o pai gañábase a vida tocando en tabernas e cervecerías. Músico precoz, o pequeno Johannes empezou pronto a acompañar ao seu proxenitor ao violín interpretando música de baile e as melodías entón de moda. Logo de estudar violín e violoncelo co seu pai, contrabaixista do teatro da cidade, Brahms especializouse no piano e comezou a compor baixo a tutela do mestre alemán Eduard Marxsen, cuxo conservador gusto musical deixou unha profunda pegada nel. 
Excelente pianista, presentouse en público o 21 de setembro de 1848 na súa cidade natal con gran éxito, a pesar de que, máis que a interpretación, a súa verdadeira vocación era a composición.
En 1853 iniciou unha xira de concertos como acompañante do violinista húngaro Eduard Reményi. Durante esta xira coñeceu ao violinista, tamén húngaro, Joseph Joachim, quen o presentou ao compositor alemán Robert Schumann. Schumann quedou tan sorprendido coas composicións de Brahms, obras aínda non editadas, que escribiu un apaixonado artigo nunha revista da época sobre o novo compositor. Brahms cobrou un sincero afecto a Schumann e a súa muller, a famosa pianista Clara Josephine Schumann, e esta amizade e o alento que recibiu deles proporcionáronlle enerxías para traballar sen descanso. Moitos biógrafos escribiron sobre a atracción que sentía Brahms por Clara, aínda que nunca lla revelou abertamente, nin sequera tras a morte de Schumann en 1856.

Seguindo os pasos de Beethoven, en 1869 Brahms fixou a súa residencia en Viena, capital musical de Europa desde os tempos de Mozart e Haydn. Alí consolidouse o seu estilo persoal, que, desde unhas iniciais formulacións influídas pola lectura dos grandes da literatura romántica alemá e próximos á estética de Schumann, derivou cara a un posicionamento máis clásico que buscaba os seus modelos na tradición dos clásicos vieneses e na pureza e austeridade de Bach.
Morreu aos 64 anos de idade en Viena, como consecuencia dun cancro de fígado. Brahms era considerado un compositor moi importante nesta época, un caso atípico nos músicos do seu tempo.

Outras cousas:

# Era tan autocrítico que queimou todo o que compuxo antes dos 19 anos, do mesmo xeito que os borradores de obras máis tardías. É sabido que adoitaba reelaborar unha mesma peza pasados ata dez ou doce anosda súa creación, e que antes de dar á obra a súa forma final, a transcribía para distintas combinacións de instrumentos.

# Respectado no seu tempo como un dos máis grandes compositores e considerado á mesma altura que Bach e Beethoven, cos que forma as tres míticas «B» da historia da música.

# Compuxo de todos vos xéneros musicas. Todos menos ópera. Cando lle propoñían escribir unha ópera sempre contestaba: "prefiro casarme antes que compor unha ópera". Brams morreu solteiro e sen compoñer ningunha ópera.

# Brahms foi amante da natureza. Nos seus paseos polos bosques que rodean Viena sempre levaba caramelos que repartía entre os nenos. Cara aos maiores era máis ben hosco, aínda que os seus amigos apreciábano sinceramente