Schubert

Franz Schubert
Nome. Franz Peter Schubert
Data Nacemento. 31 de xaneiro de 1797, Viena (Austria)
Data Morte. 19 de novembro de 1828, Viena (Austria)
Nacionalidade. Austríaca
Movemento artísitico. Romanticismo. 
Artista. Compositor.
Obras. Sinfonía nº 8 "Inconclusa". A viaxe de inverno, A muiñeira, Ave María e o canto do cisne (lieder-cancións). Sinfonía nº 9 "A grande". Quinteto para piano "A troita" opus 114. Fantasía en do maior para piano.

A miúdo considérase o último gran representante do estilo clásico que levaron ao seu máximo esplendor Haydn, Mozart y Beethoven e un dos primeiros en manifestar unha subxetividade e un lirismo inconfundiblemente románticos na súa música. 
O lied (breves composicións para voz e piano, antecesores da moderna canción), un dos xéneros paradigmáticos do Romanticismo, atopou nel ao seu primeiro gran representante, cuxas achegas serían tomadas como modelo por todos os músicos posteriores, desde Robert Schumann ata Hugo Wolf e Gustav Mahler. 
Fillo dun modesto mestre de escola que tivo trece fillos (Schubert foi o penúltimo en nacer). Aprendeu do seu pai a práctica do violín e do seu irmán maior, Ignaz, a do piano, con tan bos resultados que en 1808, aos once anos de idade, foi admitido na capela imperial de Viena como membro do coro e alumno do Stadtkonvikt, institución esta na que tivo como mestre ao compositor Antonio Salieri.
Tras a súa saída deste centro en 1813, Schubert, a instancias do seu pai, empezou a traballar como asistente na escola deste, a pesar do pouco interese demostrado polo compositor cara ao labor pedagóxico. Nestes anos é cando ven a luz as súas primeiras obras mestras, como o lied O rei dos elfos, inspirado nun poema de Goethe, un dos seus escritores máis frecuentados. 
A seu traballo na escola rematou en 1816, cando o mozo Franz von Schober, estudante de leis e pertencente a unha familia de boa posición económica, ofreceulle o seu patrocinio para que deixara de traballar na escola e dedicara todo o seu tempo a composición musical, Schubert aceptou con moito gusto a proposta. Schubert intentou gañarse a vida unicamente coa súa música, con escaso éxito na súa empresa. O único campo que podía reportar grandes beneficios a un compositor da época era o teatro e a ópera, e aínda que este foi un xénero que Schubert abordou con insistencia ao longo de toda a súa vida, nunca conseguiu destacar nel.
Se Schubert non conseguiu sobresaír no xénero dramático, si o fixo no lied. Durante os anos 1815 e 1816 chegou a compor máis de cento cincuenta lieder, sen que poida dicirse deles que a cantidade vaia en detrimento de a calidade. Escritos moitos deles sobre textos dos seus amigos, como Johann Mayrhofer e Franz von Schober, eran interpretados en reunións privadas, coñecidas co elocuente nome de «schubertiadas».
A pesar da beleza destas composicións e da boa acollida que atoparon entre o público, a vida de Schubert discorreu sempre nun estado de gran precariedade económica, agravada considerablemente a partir de 1824 polos primeiros síntomas da enfermidade que acabaría prematuramente coa súa existencia. 
O 26 de marzo de 1827 asistiu aofuneral de Beethoven e foi un dos que portou unha antorcha na súa honra.
Schubert morreu ao 31 anos, o 19 de Novembro de 1828 no apartamento do seu irmán Ferdinand en Viena. 
Admirado nun círculo moi restrinxido, a revalorización do compositor levouse a cabo a partir da súa morte: obras inéditas ou que só se interpretaron no marco familiar, empezaron a ser coñecidas e publicadas, e defendidas por músicos como Robert Schumann ou Felix Mendelssohn. É, sobre todo, o caso da súa produción instrumental madura, das súas últimas sonatas para piano, os seus cuartetos de corda e as súas dúas derradeiras sinfonías, cun nivel só equiparables ás de Beethoven.

Outras cousas:

# O seu profesor de música decatouse pronto do seu talento e chegou a dicirlle:"Non teño máis nada que ensinarlle, o coñecemento recibiuno do bo Deus"

# A súa fermosa voz  permitiulle entrar ao coro da Capela Imperial e ao Real Seminario, onde máis tarde estudaría composición con Salieri. 

# Franz Schubert compuxo a súa primeira sinfonía en 1813, cando tiña 16 anos.

# Schubert compuxo máis de 600 cancións (lieder), moitas delas inspiradas en poemas de Goethe, Schiller, e Heine. Nun so día, o 15 de outubro de 1815 compuxo 8 cancións e o día 19 do mesmo mes, outras sete maís. Schubert comentaba nesta época que se pasaba o día escribindo e que cando remataba unha obra xa comezaba a seguinte.

# Unha entrada do seu diario, datada o 17 de xuño de 1816, di o seguinte: "Hoxe compuxen por diñeiro por primeira vez. A saber, unha cantata para a onomástica do profesor Wattrot, con letra de Draxler. Os honorarios son 100 florins". Schubert andaba sempre escaso de fondos e nunca dispuña da suma suficiente como para alugar un piano, e moito menos para adquirilo. Pouco importaba, porque un piano non lle era indispensable para compor. Afirmaba que o levaba a perder o fío do pensamento. Se necesitaba un piano, acudía á casa dun amigo. O diñeiro nada significaba para Schubert, e era un home de negocios pouco agresivo cando se trataba de vender a súa música e tratar cos editores.

# En outubro de 1822, Schubert comezou a súa famosa Sinfonía en se menor, chamada comunmente "A Inconclusa".

# A sinfonía inconclusa de Franz Schubert conta unicamente con dous movementos. En cambio, as sinfonías adoitan posuír catro. Chamada Oitava sinfonía e ocasionalmente confundida coa Sétima, esta peza quedou inconclusa nas mans dos irmáns Hüttenbrenner, a quen Schubert entregou as partituras. Hai quen din que eles perderon a metade da obra. Outros sosteñen que Schubert sinxelamente a deixou inconclusa. A partir dun borrador do terceiro movemento e da interpretación dos dous primeiros, varios compositores intentaron completar a sinfonía.

# Agás para un círculo de admiradores para os que estaba entre os artistas máis notables do período, Schubert gañou escaso recoñecemento antes da súa morte e, polo xeral, viviu con penurias económicas.

# En vida Franz Schubert non puido estrear ningunha das súas obras operísticas nin orquestrais.