Clarinete


Clarinete
Nome: Castelán: clarinete. Italiano: clarinetto. Francés: clarinette. Inglés: Clarinet.  Alemán: klarinette. 
Familia: Vento madeira
Como é? O seu nome, etimoloxicamente, significa "trompeta pequena". Consiste nun tubo cilíndrico de madeira que se ensancha ao final. Os buratos destápanse por medio dunhas chaves, que poden tapar máis dun burato. As súas partes son: unha boquilla, un tubo e un pavillón ou campá.
Como produce o son? Cando sopramos facemos vibrar unha lingüeta simple de madeira, e prodúcese o son. Sóprase con suavidade, sen inchar as meixelas. 
Historia. As súas orixes remóntanse ao milenio III a.C., cando xa existían en Oriente instrumentos que respondían a principios sonoros parecidos, aínda que resulta imposible seguir a súa evolución desde entón. Sen embargo, si pode seguirse o rastro do chalumeau (caramillo), instrumento popular de pequenas dimensións que durante a Idade Media tocábase en Francia e de cuxa evolución e perfeccionamento xurdiu o clarinete moderno. O caramillo era propio das clases campesiñas, polo que ningún construtor puxo gran empeño en melloralo. Con todo, os fabricantes de instrumentos alemáns fixáronse nel e desenvolveron todo o seu potencial mediante a inclusión dun maior número de orificios e chaves. Entre os séculos XVII e XVIII, Johann Christian Denner, considerado o primeiro en construír un clarinete, alargou o tubo do instrumento e ampliou a súa extensión sonora. A partir de aí, diversos construtores centráronse nas melloras mecánicas do clarinete, cuxa presencia nas orquestras era xa regular a finais do século XVIII. Virtuosos e compositores explotaron durante os séculos seguintes as posibilidades tímbricas do clarinete, que deixara as súas humildes orixes para converterse en parte imprescindible de formacións de todo tipo. Hoxe é un instrumetno da orquestra sinfónica e úsano as bandas, grupos de jazz e na música tradicional.

Audición: 
        

Partes do clarinete




Move o clarinete virtual para observalo desde todos os seus lados.

....................................................

E... aínda máis sobre o clarinete:

  Como se fai un clarinete?  Todo o proceso para construír un clarinete. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.