Fagot


Fagot.
Nome. Castelán: fagot. Italiano: fagotto. Francés: basson. Inglés: basson. Alemán: fagott.
Familia. Vento madeira
Fagot
Como é? É un instrumento de dobre cana como o óboe, e é o baixo natural da familia das madeiras.
É un tubo de madeira duns dous metros e medio de longo, dobrado en dous, para que o intérprete poida sostelo con facilidade. Nun dos extremos ten un tubo en forma de pescozo de cisne chamado tudel. No tudel é onde se sitúa a lingüeta de dobre cana. O músico axúdase para sostelo dunha correa que colga no pescozo. O seu rexistro é grave. O fagot ten varias partes: En primeiro lugar atopamos o tudel, que é un fino tubito de metal onde se coloca a cana e que conecta a cana co corpo do fagot. Logo de arriba abaixo atopamos a campá, o corpo central (que se divide en baixo e tenor), a sección final, o tope inferior e o máis curioso de todo, o soporte para o pulgar que recibe o nome de "bolboreta".
Como produce o son?. O son prodúcese ao insuflar aire na dobre lengüeta de cana que se axusta ao extremo do tudel, de modo moi similar a como se obtén no oboe. O aire percorre máis de 2,5 m polo interior do instrumento antes de saír ao exterior. Desde a dobre lengüeta de cana inserida no tudel, entra no fagot, baixa cara ao extremo inferior e sobe polo tubo de lonxitude máis longa cara ao pavillón.
O músico sitúa o fagot transversalmente, de modo que a campá queda orientada cara arriba e o pavillón sitúase por encima da súa cabeza.
A súa historia. O fagot naceu como instrumento diferenciado ao longo do século XVII. Xa desde mediados do século anterior existía un instrumento do que parece derivar de forma directa: o dulcián. Moi coñecido na maioría dos países europeos, este instrumento gozou de gran fama nos círculos musicais eclesiásticos e cortesáns. De forma natural, o dulcián foi evolucionando ata dar lugar ao fagot. Este, á súa vez, experimentou tamén algúns cambios, entre o que destacou, sen dúbida, a adopción de chaves metálicas que permitían abrir ou obturar de forma mecánica os orificios de dixitación. Naquela época, o fagot utilizábase para reforzar a liña do baixo nas agrupacións instrumentais e, aínda que algúns compositores empezaron a demostrar certo interese por el, aínda non gozaba de recoñecemento como solista.
Durante a segunda metade do século XVII, o fagot incorporouse á orquestra, formación na que desde entón aparece de forma regular. No século XVIII, comezou a abandonar o seu papel de baixo, o que coincidiu co seu progresivo afianzamento como instrumento solista.  Con todo, os problemas técnicos non se solucionaron ata a década de 1820, da man de Carl Armenraeder e Johann Heckel.
Existen dous modelos de fagot diferenciados, o alemán e o francés que, aínda que comparten as características básicas, presentan algunhas diferenzas. Actualmente o sistema alemán parece haberse xeneralizado.
Curiosidades. O pallaso da orquestra?.  O fagot describiuse a miúdo como o "pallaso" da orquestra. Esta afirmación cargada de connotacións negativas son evidentes pode ter a súa orixe no feito de que durante o século XIX, e sobre todo ao longo do XX, escribíronse diversas obras cuxos títulos dan fe dunha utilización un tanto pintoresca do fagot. Así, destacan O aprendiz de brujo, de Paul Dukas (1897), divulgado a través da película Fantasía, de Walt Disney, Dance of the witches, de Granville Bantock, The playful pachyderm, de Gilbert Vinter, e Dancing Jack, de André Block. Na primeira destas obras, un aprendiz de feiticeiro realiza un conxuro mentres o fagot acompáñao cun staccato vivo que introduce o tema principal da obra. Tamén Stravisnky utilizou de forma un tanto cómica o fagot ao final do ballet Pulcinella (1920) e Sergej Prokofiev e Maurice Ravel fixeron o propio no explicito Scherzo humorístico para catro fagotes e na alborada do gracioso (1918), respectivamente. Lonxe de desprestixiar ao instrumento, esta utilización constitúe un exemplo máis das súas enormes posibilidades expresivas.

Audición:
 

Partes dun fagot

Move o fagot virtual para observalo desde todos os seus lados.
....................................................