Data nacemento: 22 de novembro de 1901, Sagunto (España).
Data morte: 6 de xullo de 1999, Madrid (España).
Nacionalidade: Española.
Movemento artísitico: Século XX
Artista: Compositor.
Obras: 1934 Cántico da esposa. 1939 Concerto de Aranxuez (guitarra e orquestra).1943 Concerto de estío (violín e orquestra). 1947 Catro madrigais amatorios. 1954 Fantasía para un xentilhome (guitarra e orquestra). 1955 Pavana real (ballet). 1965 A azucena de Quito (ópera). 1973 Dúas canciones para cantar aos niños (soprano e piano). 1981 Concerto como un Divertimento (violonchelo e orquestra).

Aos
tres anos de idade quedou practicamente cego víctima dunha epidemia de difteria que houbo en Sagunto en 1905. Segundo el, a perda parcial da vista púxoo no
camiño da música.
Iniciou os seus estudos musicais con 8 anos, estudando solfexo, violín e
piano. Con 16 anos estudou harmonía e composición no
Conservatorio de Valencia.
En 1927, seguindo o exemplo dos seus antecesores Isaac Albéniz, Manuel
de Falla, Enrique Granados e Joaquín Turina, Rodrigo trasládase a París
para inscribirse na "École Normale de Musique", onde estudou durante cinco
anos. Alí establece amizade con Maurice Ravel, Ígor Stravinski e Manuel de Falla. En París
coñece tamén á súa futura muller, a pianista turca Vitoria Kamhi, coa
que casou o 19 de xaneiro de 1933.
Continuou
os seus estudos de música en Francia no Conservatorio de París da
Sorbona, traballando tamén en Alemaña, Austria e Suíza, antes de volver a
España en 1939 e instalarse definitivamente en Madrid.
A súa música é refinada, luminosa, fundamentalmente optimista, con evidente predominio melódico e con harmonía orixinal. Rodrigo mantense fiel a unha estética que el mesmo gustaba denominar
"neocasticismo", practicando a tradición tonal, o gusto polas formas
clásicas e incorporando elementos cultos como forma de unión entre a
tradición española e o presente, creando ese estilo reconocible de
inmediato. Coñece as máis modernas estéticas europeas, pero afirma a súa
propia personalidade.
Outras cousas:
# En 1929, despois de impartir un curso na universidade de Santander emprende a viaxe de volta a París, cando, nun xantar co guitarrista Regino Sainz da Maza e o marqués de Bolarque, Joaquín aceptou con entusiasmo a idea de escribir un concerto para guitarra. Esta obra sería o Concerto de Aranxuez.
# "Joaquín e Vitoria regresaron finalmente a España o 1 de setembro de 1939, dous días antes de que estalase a segunda guerra mundial, levando consigo o manuscrito completo do Concerto de Aranxuez" (http://www.joaquin-rodrigo.com. Páxina web oficial do compositor).
Pero por internet circula unha "lenda urbá" que lle dá unha "explicación" algúns dos momentos máis significativos do Concerto de Aranxuez e que se recolle a continuación. Cando compuxo "O Concerto de Aranxuez" o mestre, casado con Vitoria Kamhi,e esperaba o nacemento do seu primeiro fillo. Atopábase o mestre en plena composición da obra e a súa muller caeu gravemente enferma e tivo que ser ingresada de urxencia nun hospital de Madrid. Os doutores anunciabanlle, pouco despois, que a súa muller e o seu fillo ían morrer con case completa seguridade. Logo de oír aquilo, o mestre Rodrigo regresou a casa, sentouse diante do seu piano e como a forma que el sabia expresar os seus sentimentos era a través da música, compuxo o principio do segundo movemento. Finalmente Vitoria viviría, pero o seu fillo naceu morto.

O segundo movemento, é un diálogo musical entre Deus e o compositor. Un
diálogo que comeza cun precioso fragmento, un desconsolado paseo de
volta a casa dende o hospital logo de coñecer a noticia, e o inicio dunha lastimera
oración a Deus, suplicándolle que non leve as almas da súa muller e do
seu futuro fillo.
É un comezo extremadamente fermoso, capaz de chegar a calquera, de tan
doce que soa. De súpeto, entra unha guitarra (mestre Rodrigo) cos ollos
cheos de bágoas insistindo na petición a Deus, buscando a súa
misericordia... pero cando chega a contestación de Deus (a orquestra), é
para replicarlle que, para que a súa muller viva, o seu fillo deberá
morrer.
Con tremenda tristeza e resignación, a guitarra acepta esa cruel
condición que Deus impón e é entón cando se produce a ascensión da alma
do nonato aos ceos, expresada nun só de guitarra no que o mestre
Rodrigo entrega a alma do seu fillo para recuperar, polo menos, a da súa
muller. O último minuto, representa o reencontro do
mestre coa súa muller, a alegría que pode caber dentro da tristeza de
perder ao fillo.
# O terceiro movemento do "Concerto de Aranxuez" evoca ao pobo de Aranxuez (de aí o nome da obra)
onde Rodrigo e a súa esposa pasaron a súa lúa de mel. Todo o brillo e
alegria desta parte do concerto reflexa moi fielmenmte os xardíns do
palacio real de verán.
# O concerto de Aranxuez (1939) estreouse no Palacio da Música Catalá de
Barcelona en 1940 coa interpretación da Orquestra Filarmónica de
Barcelona, Regino Sainz da Maza á guitarra e a dirección de César
Mendoza Lasalle. En 1941 estreouse no Teatro Español de Madrid coa
dirección de Jesús Arámbarri. Consta de tres
movementos: Allegro con spirito, Adagio e Allegro gentile. O máis
coñecido é Adagio, onde "conversan" a guitarra co corno inglés, o fagot, o
oboe e a trompa.
# O Concerto de Aranxuez é o primeiro concerto da historia para guitarra e orquestra.
# O seu terceiro e último poema sinfónico, "Á busca do máis alá" (1976),
dedicado á NASA, escribiuno por encargo da Sinfónica de Houston con
motivo do bicentenario da independencia dos Estados Unidos
# Desde
o principio da súa carreira, Rodrigo escribía os seus traballos en
braille, sendo posteriormente editados os seus escritos por un
escribinte.
# Xa en vida era coñecido como o mestre Rodrigo.