Acordeón


Acordeón. 
Nome. Castelán acordeón. Italiano: fisarmonica. Frances: accordéon. Inglés: accordion. Alemán: akkordeon
Familia. Vento teclado
Acordeón
Como é?  Está formado por un fol, un diapasón e dúas caixas harmónicas de madeira. Nos seus dous extremos o fol está pechado polas caixas de madeira. A parte da man dereita do acordeón ten ademais un "diapasón" cun arranxo de teclas que poden ser como as dun piano ou teclas redondas (tamén chamadas botóns) dependendo do tipo de acordeón; a parte da man esquerda ten botóns en ambos os dous tipos de acordeón para tocar os baixos e acordes de acompañamento, tamén accionando unha panca cámbiase o sistema de baixos, pasando ao sistema BASSETI que coloca as 4 primeiras filas dende fóra con notas cromáticas e por oitavas, mentres que as dúas últimas se deixan como baixos e contrabaixos sen oitavas.
Como produce os són?  Para facer soar unha nota musical, abonda con facer flutuar o aire abrindo ou pechando o acordeón mentres se preme unha ou varias teclas. Dependendo do tipo de acordeón, o son emitido pode ou non variar ao abrir e pechar o acordeón mentres se preme a mesma tecla.
Historia. O acordeón podería ter a súa orixe na Idade Media, tempo en que existía un órgano portátil, da cal se sabe por tapices, lenzos e vidreiras de catedrais. Outras dúas teorías sinalan que provén de instrumentos baseados en lingüetas, un producido por Père Amiot no século XVIII, baseado en coñecementos chineses, e o outro dunha creación de Eschembach que se baseou no Tipótono de París. A pesar desas teorías, o acordeón considérase un instrumento moderno inventado en Alemaña polo austríaco Kiril Damian no ano 1829 e máis tarde perfeccionado polo francés Buffet. Fíxose moi popular no centro de Europa, especialmente en Italia que foi o país que máis o comercializou. O acordeón converteuse nun instrumento do pobo, famoso especialmente en Europa, América e parte de Asia. Instrumento con pouca presenza nas partituras orquestrais, arraigado nas músicas populares de todo o mundo.

Audición:


Partes do acordeón


É... aínda máis sobre o acordeón:

   Como se fai un acordeón?  Todo o proceso para construír un acordeón. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.