Mendelssohn

Mendelssohn
Nome. Felix Mendelssohn
Data Nacemento. 3 de febreiro de 1809, Hamburgo (Alemaña)
Data Morte: 28 de xullo de 11847, Leipzig (Alemaña)
Nacionalidade. Alemá
Movemento artísitico. Romanticismo.
Artista. Compositor, pianista e director de orquestra. 
Obras. Concerto para violín,  en mi menor, op. 64. Sinfonía nº 4 en la maior. "Italiá". O Soño dunha Noite de Verán op. 21 e op. 61. “Romanzas sen palabras” para piano.

A súa música, dunha gran perfección técnica e formal, é unha espléndida síntese de elementos clásicos e románticos. Romántico que cultivaba un estilo clásico ou clásico que reflectía unha expresividade romántica, Mendelssohn foi un dos músicos máis influentes e destacados do romanticismo.
Segundo de catro irmáns, naceu no seo dunha familia de banqueiros de orixe xudea.  A súa familia era unha universidade en si mesma, en cuxo seo cultivábanse as artes, as ciencias e a filosofía. O seu avó foi o filósofo Moses Mendelssohn (1729-1786) e a súa nai unha pianista con profundos coñecementos da literatura alemá que ensinou os rudimentos musicais ao seu fillo. Neno prodixio, pronto deu mostras dun inusitado talento non só para a música, senón tamén para o debuxo, a pintura e a literatura. Os seus dotes foron estimuladas por un ambiente familiar no que sempre se alentaron as manifestacións artísticas. 
Foi, ademais, un bo intérprete de violín, viola e piano, facetas ás que máis tarde se engadiría a de director de orquestra. Neste ámbito, unha das súas primeiras e máis recordadas actuacións tivo lugar en 1829, cando interpretou en Berlín "A paixón segundo san Mateo", de Bach, nun concerto que supuxo a recuperación desta obra logo dun século de esquecemento.
As obras de Mendelssohn inclúen sinfonías, concertos, oratorios, aberturas, música para piano e música de cámara.
No mes de maio de 1847 a vida de Mendelssohn comeza a declinar. A morte da súa hemana Fanny, á que estaba especialmente unido, sómeno nunha depresión sen saída, que só se disipa coa súa morte, o 4 de novembro dese mesmo ano.

Outras cousas:

# Co título "O soño dunha noite de verán", Mendelssohn compuxo dúas obras baseadas na obra homónima de Shakespeare: unha obertura con orquestra (opus 16) en 1826 e música de escena (opus 61) para dous sopranos, coro de mulleres e orquestra, en 1842.
A música incidental para escena foi encargada polo emperador Federico Guillermo IV de Prusia para a representación da obra teatral de Shakespeare. Mendelssohn escribiu varios números (un scherzo, un intermezzo, un nocturno, unha marcha nupcial, unha das pezas máis coñecidas da historia da música) e conservou a abertura, o opus 16. A música foi recibida como unha obra mestra e, sorprendentemente, non presenta ruptura estilística coa abertura escrita na súa mocidade. 

A marcha nupcial fíxose popularmente famosa cando soou na voda real de Vitoria de Sajonia-Coburgo-Gotha e Federico III de Alemaña, exactamente o 25 de xaneiro de 1858.  A nai da noiva, a raíña Vitoria, era admiradora de Mendelssohn.

Un día a Felix Mendelsson antollóuselle comer peixe e foi ao mercado a compralo. Cando estaban envolvendo o paquete deuse conta de que o papel que usaba o tendero para ese fín tiña algo escrito e era... música, e non só iso, eran manuscritos orixinais de grán música, cuxo autor era, J.S. Bach, o tendeiro tiña cheas deles apilados e listos para despachar máis peixe. Das preto de 2000 obras que se calcula que escribiu Bach rescatáronse preto de 1200. 

# "Preguntáronme que opinaba de Mozart e de todos os seus pecados. Respondinlle que estaríamoi feliz de renunciar a todas as miñas virtudes a cambio dos pecados de Mozart."

# Un organista dunha igrexa estaba practicando unha peza de Felix Mendelssohn e non a estaba tocando moi ben. Frustrado, recolleu as partituras e dispúxose a irse. Non notara a un estraño que se sentara nun banco de atrás.
Cando o organista se deu a volta para irse, o estraño achegóuselle e preguntoulle se el podía tocar a peza. O organista respondeu bruscamente: «Nunca deixo que ninguén toque este órgano.». Finalmente, logo de dúas peticións máis, o músico gruñón deulle permiso.
O estraño sentouaw e encheu o santuario dunha fermosa e impecable música. Cando terminou, o organista preguntou: «Quen é vostede?» O home contestou: «Eu son Felix Mendelssohn.» O organista por pouco impide ao creador da canción que tocase a súa propia música.

# Mendelssohn foi particularmente perseguido polo réxime nazi. Este pretendeu, simplemente, borralo da historia e da memoria colectiva. Por exemplo, a súa estatua, erixida en 1892 fronte á Gewandhaus de Leipzig, foi retirada e destruída e a rúa que lle era dedicada foi renombrada co doutro compositor, ese si, querido polo mesmo réxime: Anton Bruckner.