Saxofón: Castelán: saxofón. Italiano: Sassofono. Francés: soxophone. Inglés: saxophone. Alemán: Saxophon.
Familia: Vento madeira.
Como é? É un instrumento da familia de vento madeira fabricado en latón. Ten a boquilla dun clarinete (lingüeta simple de madeira), a sección cónica dun óboe e o corpo de metal que lle proporciona unha gran potencia de son. O saxofón ten varias partes. Atopamos por unha banda a boquilla,
onde se suxeita a lengüeta mediante a abrazadera, un único tubo onde se
atopan as chaves e por onde pasa o aire. Finalmente, o tubo termina na
campá. O seu sistema de chaves acciónanse grazas a
unhas varas.
Como produce o son? Cando sopramos facemos vibrar unha lingüeta simple de madeira, e prodúcese o son. Este é o motivo polo que se inclúe na familia de vento madeira. Consta dunha serie de buratos que se abren ou pechan mediante chaves.
A súa historia. O saxofón foi inventado por un luthier (construtor de instrumentos) chamado Adolfo Sax (de aí vénlle o seu nome) a mediados do século XIX. O seu obxectivo era construír un instrumento cos trazos sonoros de vento madeira, pero con maior potencia que estes. O resultado foi o saxofón, que a pesar de estar construído de metal desde a súa creación, pertence á familia de vento madeira, pois comparte unhas calidades sonoras e mecanismos característicos como a lengüeta simple (como o clarinete). Adolph Sax fixo saxofóns de 14 tamaños diferentes. Hoxe o saxofón é fundamental nos grupos de jazz.
Curiosidades. Madeira ou metal? Parece unha pregunta absurda pero, con todo, non o é en absoluto. Ao observar o instrumento, a resposta parece clara: metal. A pesar diso, o saxo atópase clasificado dentro da familia dos instrumentos de vento-madeira, e na súa disposición na orquestra sinfónica aparece xunto ao clarinete. Esta peculiaridade, que o converte nun exemplar único, deriva do principio sonoro polo que se creou, que pretendía outorgar a un instrumento metálico as calidades sonoras e tímbricas da madeira. Adolphe Sax tivo a virtude de demostrar que a proporción da columna de aire que se forma no interior, e non o material que se emprega, é a que determina as calidades tímbricas do instrumento. Desta forma xurdiu o saxofón, un híbrido a medio camiño entre o clarinete (instrumento de madeira de lengüeta simple) e a trompeta (totalmente metálico e de son máis estridente). Coas calidades do metal e a versatilidade dos instrumentos de madeira, o saxofón fíxose un lugar entre os grandes.
Familia: Vento madeira.
Saxofón |

Audición:
Partes dun saxofón |
E... aínda máis sobre o saxofón:
Preme aquí para ver unha lámina explicativa sobre este instrumento.