Nome. Castelán: tambor. Italiano: tamburo. Francés: tambour. Inglés: snare drum. Alemán: trommeln.
Familia. Percusión indeterminada
Como é? É un instrumento musical que consiste nunha ou dúas membranas tensadas chamadas parches suxeitas a un bastidor en forma de tubo chamado caixa que ten forma cilíndrica. A membarna superior é máis grosa que a inferior.
Tambor |
Historia. Parece ser que isto de percutir é algo que leva moi dentro desde que o home é home.O tambor, en varias formas, existiu desde antes do 6OOO antes de Cristo.Os primeiros tambores estaban fabricados con cabazas baleiradas ou pedazos de troncos ocos, cubríanse con pedazos de pel de réptiles ou peixe, máis adiante usaríanse as peles doutros animais como burrios, ovellas ou cabras. Entre os gregos críase que os frigios foron os inventores do tambor namenras os romanos pensaban que foran os sirios. O máis probable parece que os gregos tomaron o uso dos tambores dos asiáticos e que deles pasaría aos romanos.
A caixa tal e como a coñecemos parece ser que tivo a súa orixe na Europa medieval, co instrumento chamado "tabor", este xa tiña dous parches e unha pequena bordonera montada baixo o parche superior. Ata se montaban con aros de madeira ou de metal.
Máis tarde no século XVI aparece o "redoblante", unha evolución do "tabor"
que se usaba case exclusivamente para fins militares, este xa
incorporaba un sistema de tensionar os parches con cordas e un sistema
bordonero regulable.
Curiosidades. Dentro
do tambor ás veces colocábanse obxectos, como algunhas fabas,
para que actuasen de elemento resonante ao golpear, aínda que tamén se
lles atribúen outras funcións como absorber a humidade ou simplemente
por supersticións.
Audición:
E... aínda máis sobre o tambor: