Música tradicional

É a música que manifesta o sentir dun pobo. A música tradicional acompaña as xentes durante a súa vida diaria e polo tanto é unha das sinais de identidade dunha sociedade. Esta música, tamén chamada folclórica, ten unhas características diferenciadoras:
  • É anónima
  • Transmítese de forma oral
As formas máis usuais que presenta a música tradicional galega son:
Muiñeira. Esta manifestación artística fai referencia a unha danza e a un canto. Unha das muiñeiras máis coñecidas e a chamada “Muiñeira de Chantada”.
  •  Milladoiro.
  • Carlos Núñez.
Alalá. Está composto por coplas octosilábicas nas que se repite as alalá, alalá. Interprétanse normalmente sen acompañamento instrumental aínda que en tempos recentes engadíronselle acompañamento de gaita ou zanfona. O alalá é considerado pola maioría dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica. 
  • Uxía. Alalá das mariñas.
A regueifa. É unha disputa ou enfrontamento improvisada entre dúas ou máis persoas sobre un tema determinado. 
  • Regueifa.
Dentro da música tradicional galega hai unha canción que se converteu nun dos símbolos culturais de Galicia e é representativa do colectivo de emigrantes e de manifestacións deportivas. Esa canción é “A Rianxiera”. 
  •  Rianxeira
A Roda. É grupo de música tradicional galega. Xurdíu nos anos 70 dun grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda dunha taberna, de aí o seu nome. 


  • A Roda. Pousa, pousa.     
  • A Roda. Miudiño.     
  • A Roda. O gato metido nun saco.      
  • A Roda. A rianxeira.