Soprano |
A diferenza fundamental que existe entre a voz humana e calquera outro instrumento musical, é que se trata do único instrumento, en que a forma e disposición da caixa de resonancia modifícase continuamente, adoptando diversas posicións que cambian, ampliando ou diminuindo a súa capacidade. Así, a voz humana, convértese no máis perfecto de todos os instrumentos musicais.
As voces femininas clasifícanse en: soprano, mezzosoprano e contralto.
Soprano. A voz de soprano é a máis aguda e das voces de muller.
- Sumi Jo interpreta "Ave María" de Giulio Caccini.
- Luciana Serra interpreta a aria "A raíña da noite" da ópera "A frauta máxica" de Mozart.
- Freddie Mercury e a soprano Montserrat Caballet interpretan a composición "Barcelona" de Freddie Mercury.
Mezzosoprano. A voz de mezzosoprano non é tan aguda como a da soprano. Sen embargo, adoita ter algo máis de corpo, xa que é máis grave.
- Dolora Zajick intepreta a aria "Stride la vampa" da ópera "O trobador" de Verdi.
- Cecilia Bartoli interpreta a aria "Agitata da due venti" da ópera "Griselda" de Vivaldi.
Contralto. É o tipo de voz máis grave para unha muller.
As voces infantís clasifícanse do mesmo xeito que as voces femininas: soprano, mezzosoprano e contralto.
As voces masculinas clasifícanse en: tenor, barítono e baixo.
Tenor. É a máis aguda das voces de home.
- Franco Corelli interpreta a aria "Nessun dorma" da ópera "Turandot" de Puccini.
- Luciano Pavarotti interpreta a composición "Ave María" de Schubert.
Tenor |
Barítono. Os homes con voz de barítono cantan nun rexistro medio, é dicir, nin moi aguda -sería tenor- nin moi grave -sería baixo-.
- Cornell McNeil interpreta o personaxe do bufón Rigoletto na ópera "Rigoletto" de Verdi.
- Leo Nuci interpreta a aria "Cortigiani vil razza dannata" da ópera Rigoletto de Verdi.
Baixo. É a máis grave da voz dos homes.
- René Pape interpreta un fragmento do "Réquiem" de Verdi.
- Boris Christoff interpreta a aria "A calumnia" da ópera O barbeiro de Sevilla" de Rossini.
Outras voces "especiais": castrati e contratenor.
Castrati. Os castrati xuntaban na súa voz a tenrura dun neno e a potencia e forza dun adulto. Foron voces moi cobizadas e aplaudidas.
Alessandro Moreschi |
Algúns dos castrati máis famosos foron: Pistocchi, Farinelli, Bernacchi, Senecino...
A existencia dos castrati estivo motivada, en parte, pola prohibición que tiñan as mulleres de actuar en público.
De Alessandro Moreschi quedounos unha gravación realizada en 1902. A calidade da gravación debido aos precarios medios cos que foi rexistrada e ao paso do tempo, é mala, sen embargo nela pódense apreciar as calidades desta voz única, que se converte no único rexistro de castrati que se conserva no mundo. Nela pódese apreciar unha tesitura de soprano cuns apuntes moi altos que se converten en únicos.
- Alessandro Moreschi interpreta "Crucifixus" de Rossini.
- Alessandro Moreschi interpreta "Ave María" de Schubert.
Na película "Farinelli" recréase a vida do castrati máis famoso: Carlo Broschi ("Farinelli"). Para conseguir a súa voz, tendo en conta quee na actualidade non existe ningún castrati, tiveron que xuntar, usando un ordenador, dúas voces diferentes, a do contratenor (a voz masculina máis aguda) norteamericano Derek Le Ragin e a da soprano polaca Ewa Mallas Godlewska. Nas gravacións e na película, el canta as partes máis graves e ela as máis agudas.
- Farinelli, interpretación dun fragmento da película.
Contratenor. O contratenor é o cantante adulto que canta no rexistro vocal masculino máis agudo, empregando o falsete, a voz de cabeza e a voz de peito. A aparición destes cantantes xorde como unha alternativa ante a negativa da Igrexa católica para os castrati, polo cal quen podían suplantar dalgún modo estas obras líricas eran os contratenores.
Os contratenores son homes que conservan as peculiaridades desta voz de soprano (tamén con maior potencia), sen ser alterado o seu desenvolvemento hormonal, senón, por un peculiar desenvolvemento do seu aparello fonador.
- Philippe Jaroussky canta a aria "Vedrò con mio diletto" de Vivaldi.