Farinelli

Farinelli
FARINELLI (Apulia, 24 de xaneiro de 1705 - Boloña,16 de setembro de 1782) cantante que foi sometido á castración durante a súa nenez para manter a súa especial voz e o seu rexistro agudo.  A voz de Farinelli, de marabillosa beleza, era recoñecida por ser capaz de cantar 250 notas nun só alento, soster unha nota durante máis dun minuto, realizar trinos e adornos máis aló do alcance de calquera.
Naceu no seo dunha familia da baixa nobreza. O ano 1717 marcaría en boa medida o seu futuro. O seu pai Salvatore falece súbitamente, a situación económica da familia deteriórase e sobreveu a inevitable caída do cabalo polo que deberon castrarlo. A endemia de desafortunadas caídas de cabalo cobrábase unha vítima máis. De moitos nenos dicíase que eran castrados por razóns médicas para evitar represalias, xa que a castración estaba penalizada; aínda que as autoridades da época adoitaban facer a vista gorda e non perseguían os casos de castración.
O seu nome verdadeiro era Carlo Broschi e elixiu o de Farinelli en agradecemento aos irmáns Farina, mecenas que pagaron durante moitos anos os seus estudos e manutención.
Farinelli gozou de prestixio tanto en Venecia como en Nápoles, as dúas grandes capitais operísticas da época. Debutou nesta última cidade aos quince anos.
Entre 1724 a 1727 Farinelli cantou nas cidades de: Viena, Milán, Parma e Bolonia. Eran cidades cunha gran tradición musical.
En 1730, o compositor Handel escoito a Farinelli, quen quedou moi impresionado e quixo convencelo de que aceptase un contrato para cantar en Londres; pero a proposición foi rexeitada por Farinelli.
En 1734 trasladouse a Londres. Un ano antes, Senesino, outro castrado da compañía de Haendel entrara en liortas co compositor polo que estableceu unha compañía rival en Lincoln's Inn Fields. A compañía tiña a Porpora como compositor e Senesino cantante principal. Farinelli uniuse a eles e o éxito non se fixo esperar. A súa primeira aparición foi en "Artajerjes" e segundo a crítica as súas intervencións foron aplaudidas por varios minutos. Dise ata que os violíns tiñan dificultade en seguilo no seu canto. Permaneceu na cidade ata o verán de 1737 cando recibiu unha invitación para visitar a corte española. Elisabetta Farnese, a Raíña, pensaba que a voz de Farinelli curaría a severa depresión do seu esposo Felipe V, a musicoterapia era unha práctica aceptada na época.
En 1737 Farinelli partiu cara a España onde só tiña planeado quedar uns meses pero terminou vivindo case 25 anos.
Chegou á corte española, nos últimos anos do reinado de Filipe V. Ao cantante contrataron para cantar varias arias por noite.  Farinelli cantaba todos os días para o rei o cal, afectado dunha depresión constante, só parecía mellorar cando escoitaba ao cantante. Mesmo, segundo contan, o 25 de agosto, recentemente chegado ao Palacio da Granxa, cantou para Filipe V producíndose unha milagrosa curación do rei.
Continuou na corte á morte do rei Filipe V e mesmo exerceu gran influencia sobre o seu sucesor o rei Fernando VI e a súa esposa, Bárbara de Bragança; un e outro grandes afeccionados á música.
Farinelli ía sempre onde ían os reis, no verán, cando se trasladaban ao Real Sitio de Aranxuez, acompañábaos e deleitábaos coa súa arte. Farinelli e a súa orquestra cantaban e tocaban para a real parella ata, ás veces, a raíña animábase a cantar con el para o asombro dos cortesáns.
Fernando VI concedeulle a Orde de Calatrava en 1750, unha distinción da cal sentíase moi orgulloso e mesmo pediu ser sepultado co manto da Orde.
Ao falecemento de Fernando VI en 1759, foi desterrado de España polo seu sucesor o rei Carlos III, quen non tiña moitas simpatías pla súa música.
Farinelli retirouse a Bolonia coa fortuna que amasó, e alí pasou o resto dos seus días.  Mozart visitárono nesta cidade. Alí viviu ata o seu falecemento en 1782. O seu patrimonio incluía agasallos da realeza e valiosos instrumentos musicais, como un violín Stradivarius.
Pélicula "Farinelli: il castrato". A voz de Farinelli, na película, foi conseguida gravando dúas voces diferentes, a da soprano Ewa Mallas Godlewska e a do contratenor Derek Le Ragin.
A práctica da castración durou ata case o S.XX. Alessandro Moreschi foi o último castrado que morreu en 1922.